xoves, 21 de decembro de 2017

Que teñades unhas magníficas festas!!

 

·E os nosos mellores desexos para estes días tan especiais.
 
Por certo, non vos esquezades de que nestas datas non todo vai a ser estar diante da televisión... ou si?

Tedes algunha idea, ou proposta, de ocio "mais activo" ? 
Veña, animádevos e contadenos dentros dos comentarios cales son as vosas ideas.
Unha aperta e vémonos en nada!

martes, 12 de decembro de 2017

Estirándonos!

Aquí estamos novamente! E cunha breve cuestión:
Sabemos por que hai que facer estiramentos? 



Iremos avanzando cara o vindeiro trimestre. Mentres vos quedan as seguintes rutinas para que as vaiades probando.
Estamos en contacto. Saúdos!!

xoves, 30 de novembro de 2017

Carreira Campo a través...

E que rápido pasou, non?



Onte foi a xornada de Campo a través e tivemos o día perfecto: fresco pero con sol, moita participación pero sen agobiar, cos alumnos de 3º participando por primeira vez pero sen problemas! (...) se me esquezo de algo mais, tedes os comentarios abertos! 😉

Mais o realmente importante foi a gran participación do noso alumnado. Sendo un centro pequeno, animáronse case todos e foron moitos e moitas os que se botaron a correr, por un sitio tan especial como o da Illa das esculturas.

E non podemos esquecer aos pais e ás nais que acudiron, compartiron esta xornada e nos axudaron dun modo tan especial. Grazas!

Para rematar, as fotos! Fixemos un álbum aberto a quen teña algunha bonito recordo deste día e o queira compartir con todos nós.
https://photos.app.goo.gl/e5z3RbQWEBNzQfOl1
As imaxes subidas son as recollidas en distintos medios de comunicación e as que se puideron tomar entre carreira e carreira. Esperamos que vos gusten e, coma sempre, se pensades que algunha delas non debería de estar ahí, avisade e rapidamente se retirará.

Un saúdo e seguimos en contacto. Deica!

martes, 28 de novembro de 2017

Billarda!

Moi boas!

Este ano estamos a promover dun xeito especial os Xogos tradicionais galegos. De feito, o vindeiro día 12 de decembro o alumnado  de sexto participará nun pequeno encontro deportivo onde se xogará á Billarda, aos Bolos Celtas e á Chave.



Aquí vos queda un vídeo explicativo da técnica a empregar cando xoguemos a Billarda.
En breve, mais información. Saúdos!

Mañá, carreira Campo a través!

http://pontevedraviva.com/deportes/41541/campionato-zonal-escolar-cros-aterra-ano-mais-illa-esculturas/


sábado, 25 de novembro de 2017

Xornada de iniciación ao bádminton



Pois aquí estamos de novo! Esta vez co bádminton!

Grazas ao colaboración do CB Bádminton Pontevedra, https://www.facebook.com/badmintonpontevedra/, e dentro do programa que desenvolve a Federación Española, puidemos probar un dos deportes cos que imos a traballar neste curso.

Ademais, temos a sorte de que unha entrenadora deste clube está levando a actividade extraescolar que promove a AMPA. Así que os mércores, de catro e cuarto a cinco e cuarto tedes todo o patio para xogar e aprender as mellores técnicas.

Mais nada, vos deixamos unhas fotos da xornada. Esperamos que vos gusten (e, coma sempre, se hai algunha imaxe que pensades que non debe de estar subida; avisade e rapidamente se quitará da galería)


Saúdos! 

xoves, 2 de novembro de 2017

Xornada de iniciación á loita olímpica

Gran xornada de actividade deportiva!

No día de hoxe, toda a atención do patio estaba centrada nese tapiz que nos permitiu desenvolver unha iniciación á loita olímpica. Ás grazas hai que darllas a Rubén Mendez, técnico da Federación Galega e ao Programa Social de Ence que permitiron contar esta actividade.


Deste modo, os cursos de terceiro, cuarto e quintos puideron comprobar como a Loita é unha disciplina divertida, segura e moi axeitada dentro dun enfoque educativo.

Agora vos deixamos con algunhas fotos; de recordo ou para que vexades o áxiles e fortes que están os nosos rapaces e rapazas: https://photos.app.goo.gl/QtD4GP2vFtlauqSz1
Coma sempre, se hai algunha imaxe que considerades que non debería estar na galería, avisade, e rapidamente quedará retirada.

Para rematar... se queredes probar mais en serio este deporte, deixamos aquí este enlace ao Twitter do Clube de Loita Pontevedra, https://twitter.com/loitapontevedra?lang=gl, onde contan cun grupo de nenos e nenas que adestran os mércores de 4 a 5 nas instalacións do CGTD.

Un saúdo e seguimos en contacto. Deica!

xoves, 5 de outubro de 2017

Xornada de iniciación ao Baloncesto (II)

E un vídeo do que foi a xornada...

Xornada de inicación ao Baloncesto!


Co CB Estudiantes Pontevedra!

Pois si! Comezamos o curso promocionando actividades deportivas de "alta calidade"; grazas a colaboración do CB Estudiantes Pontevedra. Tanto no día de de hoxe como na xornada de mañá, o alumnado dos cursos de 2º a 6º de Primaria estarán aprendendo algúns xogos e actividades para facer do baloncesto unha das nosas opcións preferidas á hora de facer deporte saudable.

Deixámosvos unhas poucas fotos das actividades realizadas. https://photos.app.goo.gl/z6YkYrOOxAF188i53 E, coma sempre, se vedes algunha foto, polo motivo que sexa que pensades que non debería estar publicada, enviade un correo que rápidamente será retirada.
Un saúdo!

venres, 15 de setembro de 2017

Back to school


Xa estamos aquí! Benvidos a este novo curso.

Novas ideas... outros proxectos... e moita ilusión para este curso 2017/18

Un saúdo a todos e todas!

venres, 23 de xuño de 2017

E ata aquí chegamos!


Cómo? Xa?? É fin de curso??? (Non pode ser…) pero se fai nada estábamos comezando as clases… Buf… isto vai moi rápido!

Bueno, un pouco en broma, un pouco en serio. A realidade é que os meses pasaron voando; para o bo e para o non tan bo:

Dentro do noso Proxecto deportivo de centro, pensamos que avanzamos na consecución do noso obxectivo principal; promover mais e mellor actividade física dentro do contexto escolar. Participamos dentro de diversas modalidades, incluídas en Xogade; levamos encontros deportivos cos centros da Xunqueira o do Sequelo e puidemos promover actividades deportivas coa colaboracións dalgúns clubes da nosa cidade.

Agora ben, non podemos esquecer que o noso centro ten unhas limitacións de espazo moi grandes, e conseguir xornadas escolares “activas” neste contexto segue a ser un reto ao que debemos dar resposta.

Mais nada! Un saúdo a todos e todas; que teñades unhas magníficas vacacións, con moito ocio activo (en serio, desconectade un pouco de tanto aparello electrónico, non mais “Pokemon Go” please!!!) e vémonos en setembro!
 

P.D. (certo, faltan vídeos do Acrosport  por subir, seino, no verán farei os deberes…)

 

luns, 19 de xuño de 2017

Somos un Centro Activo e Saudable?




Penso que é unha boa pregunta que nos pode cuestionar moitas das prácticas que desenvolvemos no noso día a día, non o creedes? 

Así que perspectiva científica ante todo e a recoller datos:
Un dos indicadores mais válidos que podemos ter o do número de pasos que damos cada día. A Organización Mundial da Saúde (OMS) nos sinala a máxica cifra de 10.000 pasos (por certo, hai unha boa historia detrás desta idea, un día falaremos dela...)
Pois con esta perspectiva distribuímos distintos podómetros polo alumnado de 4º (grazas pola vosa colaboración), os axustamos en relación aos datos do peso e altura de cada un dos participantes no estudo, e controlamos durante unha semana o grado de actividade durante a xornada escolar, así como no resto do día.

Os resultados son moi interesantes: o promedio é de mais de 12000 pasos cada día, sen contabilizar os datos dalgún neno que chegou aos 30.000 pasos de excursión pola Illa de Ons. Vamos, que os nenos e nenas de 4º non paran! Unha magnífica noticia!

Pero qué pasa coas horas de clase? Pois hai un pouco de todo, datos de 5000/6000 pasos pero tamén outros de 2500/3000. Está claro que debemos facer un esforzo para que todo o mundo aproveite os tempos de ocio que temos dentro da nosa xornada dun modo mais saudable.

E para rematar, agradecer a colaboración do alumnado de 4º, polo coidado dos podómetros e por ter a constancia de anotar os datos de cada día.
Nada mais, esperamos os vosos comentarios e as vosas propostas pensando en como mellorar o vindeiro curso.
Un saúdo!   

luns, 5 de xuño de 2017

Acrosport con 5º

Xa estamos aquí... cun novo vídeo. E si! Está vez veñen os de quinto, esperamos que vos guste. Saúdos!

xoves, 1 de xuño de 2017

Mais Acrosport!

E con cuarto! O que está claro é que o pasaron moi ben, e nótase!
Espero que vos guste, hai moita calidade neste vídeo. Saúdos!


martes, 30 de maio de 2017

Recreos Activos?




RecreXogos!

Aínda que xa está a piques de rematar o curso, temos que falar de como podemos organizar os recreos, non creedes?

A idea é aumentar o tempo de actividade física durante as horas de clase. Así que quedamos abertos a novas propostas ou ideas que teñades. Este ano fixemos cinco zonas de xogos (que xa é moito, tendo o pouco espazo que hai):
-         Campo de balón
-         Mesas de ping-pong
-         Cordas-gomas
-         Xogos de mesa
-         Xadrez na biblioteca
 
Pero seguro que tedes algunha nova proposta. Veña, esperamos os vosos comentarios.
Un saúdo!

sábado, 27 de maio de 2017

FutSal con 4º!

https://goo.gl/photos/T6PPaZgK8E4TSZFq9

 Recuperados?

Onte foi un día de moita actividade física para o noso alumnado de 4º!

Día de xogo ao FútSal; unha adaptación do fútbol sala para o alumnado de primaria. Así que xornada de participación cos rapaces e rapaces do Sequelo de Marín e A Xunqueira 1. Moita diversión, espazos para correr sen parar detrás do balón e tempo de ocio activo. Misión cumplida, non?

Esperamos que vos gusten as fotos que vos deixamos no enlace de enriba. Coma sempre, se hai algunha foto que non vos apetece que esté subida, avisade; e rapidamente se quitará do blog.

Un saúdo e boa fin de semana!

xoves, 25 de maio de 2017

Acrosport con 4ºA




Aquí seguimos, mostrando algún dos exercicios que están facendo os nosos “ximnastas” do Froebel. Agora vos deixamos cun grupo dos de 4º. Esperamos que vos guste!

Saúdos!