Amosando publicacións coa etiqueta Clube Bádminton Ravachol Pontevedra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Clube Bádminton Ravachol Pontevedra. Amosar todas as publicacións

sábado, 25 de novembro de 2017

Xornada de iniciación ao bádminton



Pois aquí estamos de novo! Esta vez co bádminton!

Grazas ao colaboración do CB Bádminton Pontevedra, https://www.facebook.com/badmintonpontevedra/, e dentro do programa que desenvolve a Federación Española, puidemos probar un dos deportes cos que imos a traballar neste curso.

Ademais, temos a sorte de que unha entrenadora deste clube está levando a actividade extraescolar que promove a AMPA. Así que os mércores, de catro e cuarto a cinco e cuarto tedes todo o patio para xogar e aprender as mellores técnicas.

Mais nada, vos deixamos unhas fotos da xornada. Esperamos que vos gusten (e, coma sempre, se hai algunha imaxe que pensades que non debe de estar subida; avisade e rapidamente se quitará da galería)


Saúdos! 

xoves, 26 de xaneiro de 2017

II Xornada de Promoción do bádminton

Boas! Pois hoxe foi a quenda do alumnado de 3º, 4º e 5º.
Xornada completa para Jesús e Iván, entrenador e deportista deste magnífico clube que estiveron acompañándonos e facendo un gran traballo na promoción deste deporte. Dende aquí, darvos as grazas unha vez mais.


Deixámosvos coa galería de fotos, que xa está actualizada coas de hoxe. Esperamos que vos gusten tanto coma a nós.

Fotos co Clube Bádminton Pontevedra
Un saúdo!

martes, 24 de xaneiro de 2017

Clube Bádminton Pontevedra

Hoxe, primeira xornada de promoción do bádminton con clube Bádminton Pontevedra.


Magnífica oportunidade para ver e comprende un deporte co que estamos a traballar e que tantas cualidades presenta.

Aquí vos quedan unhas fotos do día, e uns enlaces do clube; para que sigades os seus traballos de promoción.
Fotos co clube Bádminton Pontevedra
Esperamos que vos gusten!
https://www.facebook.com/badmintonpontevedra/about/
https://www.instagram.com/badmintonpontevedra/?hl=es