Bo día! Somos un "Centro activo"? Promovemos a actividade física coma parte dun estilo de vida saudable para todos e todas?
O alumnado dos grupos de 4º xa están contabilizando o número de pasos que dan en cada xornada e, aínda que non temos a totalidade dos datos, os primeiros resultados indican que as mañás poderían ser menos sedentarias.
Suxerencias! Organizamos doutro modo os recreos? Precisamos novos espacios para os tempos de lecer? Buscamos algún outro tempo ao longo da mañá?
Esperamos contar coa vosa colaboración a través dos comentarios no blog e tamén faremos partícipes ao resto do profesorado desta inquedanza.
Un saúdo!
Este blog parte da premisa de que a necesidade de movemento é un dereito fundamental do noso alumnado. Coma centro comprometido coas novas competencias que demanda a sociedade, faremos da promoción dos estilos de vida saudables o noso principal obxectivo.
Amosando publicacións coa etiqueta Recreos Activos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recreos Activos b>. Amosar todas as publicacións
luns, 25 de febreiro de 2019
martes, 30 de maio de 2017
Recreos Activos?
RecreXogos!
Aínda que xa está a piques de rematar o curso, temos que
falar de como podemos organizar os recreos, non creedes?
A idea é aumentar o tempo de actividade física durante as
horas de clase. Así que quedamos abertos a novas propostas ou ideas que
teñades. Este ano fixemos cinco zonas de xogos (que xa é moito, tendo o pouco
espazo que hai):
-
Campo de balón
-
Mesas de ping-pong
-
Cordas-gomas
-
Xogos
de mesa
-
Xadrez
na biblioteca
Pero seguro que tedes algunha nova proposta. Veña, esperamos os vosos comentarios.
Un saúdo!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

