martes, 30 de maio de 2017

Recreos Activos?




RecreXogos!

Aínda que xa está a piques de rematar o curso, temos que falar de como podemos organizar os recreos, non creedes?

A idea é aumentar o tempo de actividade física durante as horas de clase. Así que quedamos abertos a novas propostas ou ideas que teñades. Este ano fixemos cinco zonas de xogos (que xa é moito, tendo o pouco espazo que hai):
-         Campo de balón
-         Mesas de ping-pong
-         Cordas-gomas
-         Xogos de mesa
-         Xadrez na biblioteca
 
Pero seguro que tedes algunha nova proposta. Veña, esperamos os vosos comentarios.
Un saúdo!

4 comentarios:

  1. Respostas
    1. Está claro que a todos nos gustan os zancos! O problema é que, neste momento, temos poucos, e non parece doado xestionar un recreo con tanta xente e zancos, que cando caen poden darlle a outros rapaces.
      De todos modos, tomo a idea, e deixaremos uns ultimos días na clase de EF para que poidades practicar os equilibrios.
      Saúdos! E grazas pola túa aportación!

      Eliminar
  2. Hola o que mais me gusta e do xadrez. Pareceme moi ben

    ResponderEliminar
  3. Alégrome! Pois nada, anotado queda! Para o vindeiro curso, potenciaremos o xadrez cun lugar axeitado para que poidades xogar a gusto.
    Grazas pola colaboración. Saúdos!

    ResponderEliminar