xoves, 2 de novembro de 2017

Xornada de iniciación á loita olímpica

Gran xornada de actividade deportiva!

No día de hoxe, toda a atención do patio estaba centrada nese tapiz que nos permitiu desenvolver unha iniciación á loita olímpica. Ás grazas hai que darllas a Rubén Mendez, técnico da Federación Galega e ao Programa Social de Ence que permitiron contar esta actividade.


Deste modo, os cursos de terceiro, cuarto e quintos puideron comprobar como a Loita é unha disciplina divertida, segura e moi axeitada dentro dun enfoque educativo.

Agora vos deixamos con algunhas fotos; de recordo ou para que vexades o áxiles e fortes que están os nosos rapaces e rapazas: https://photos.app.goo.gl/QtD4GP2vFtlauqSz1
Coma sempre, se hai algunha imaxe que considerades que non debería estar na galería, avisade, e rapidamente quedará retirada.

Para rematar... se queredes probar mais en serio este deporte, deixamos aquí este enlace ao Twitter do Clube de Loita Pontevedra, https://twitter.com/loitapontevedra?lang=gl, onde contan cun grupo de nenos e nenas que adestran os mércores de 4 a 5 nas instalacións do CGTD.

Un saúdo e seguimos en contacto. Deica!

Ningún comentario:

Publicar un comentario