Amosando publicacións coa etiqueta Xogos tracionais Galegos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xogos tracionais Galegos. Amosar todas as publicacións

martes, 26 de novembro de 2019

Houbo Magosto!



Houbo magosto! Case, case, chegando ao Nadal. Pero as castañas precisan lume, e con tanta auga, chuvia e vento, non foi doado preparar esta xornada.

Mais ao final houbo festa, con castañas, xogos e música. Por sorte, tivemos a colaboración e axuda do alumnado de sexto. Sen o seu traballo non poderíamos facer nin organizar os distintos xogos tradicionais galegos. Estiveron en cada grupo coidando de que todo o mundo puidera xogar e axudando a quen o precisaba. Así que, dende aquí, mostrar o noso agradecemento polo bo traballo realizado.

As fotos! Deixámosvos unhas cantas imaxes que esperamos que vos gusten: https://photos.app.goo.gl/vQD2iir1jUdEDMDw5.
Se por calquera motivo, considerades que algunha non debería de estar subida, avisade, e rapidamente se quitará.

Un saúdo e seguimos en contacto!

domingo, 19 de maio de 2019

Xornada de Xogos tradicionais


Moi boas! A que resulta moi difícil atopar rapaces e rapazas que estean a practicar Xogos tradicionais galegos?

Nunha cidade, contexto urbano; non hai moitos espazos abertos, con terra e paus para xogar, certo é! Ademais, perdeuse unha xeración de pais/nais que os practicaron… E resulta unha mágoa, porque a través deles podemos acadar valores moi desexables coma a cooperación, o xogo limpo, a aceptación das regras establecidas…

Pois con esta necesidade, de recuperar unha parte da nosa cultura, o mércores desprazámonos ata Silleda onde nenos e nenas de distintos centros puideron practicar e aprender xogos coma a Billarda, a Chave ou os Bolos Celtas. E nos tempos de descanso? Pois baile, loita e un fútbol sala!


Unha gran xornada e un bo recordo, do que aquí vos quedan algunhas fotos:

(Acordádevos, se hai algunha foto que non queredes que estea pública, avisade e rapidamente a quitaremos) Un saúdo e ata á proxima!

martes, 28 de novembro de 2017

Billarda!

Moi boas!

Este ano estamos a promover dun xeito especial os Xogos tradicionais galegos. De feito, o vindeiro día 12 de decembro o alumnado  de sexto participará nun pequeno encontro deportivo onde se xogará á Billarda, aos Bolos Celtas e á Chave.



Aquí vos queda un vídeo explicativo da técnica a empregar cando xoguemos a Billarda.
En breve, mais información. Saúdos!