luns, 19 de xuño de 2017

Somos un Centro Activo e Saudable?




Penso que é unha boa pregunta que nos pode cuestionar moitas das prácticas que desenvolvemos no noso día a día, non o creedes? 

Así que perspectiva científica ante todo e a recoller datos:
Un dos indicadores mais válidos que podemos ter o do número de pasos que damos cada día. A Organización Mundial da Saúde (OMS) nos sinala a máxica cifra de 10.000 pasos (por certo, hai unha boa historia detrás desta idea, un día falaremos dela...)
Pois con esta perspectiva distribuímos distintos podómetros polo alumnado de 4º (grazas pola vosa colaboración), os axustamos en relación aos datos do peso e altura de cada un dos participantes no estudo, e controlamos durante unha semana o grado de actividade durante a xornada escolar, así como no resto do día.

Os resultados son moi interesantes: o promedio é de mais de 12000 pasos cada día, sen contabilizar os datos dalgún neno que chegou aos 30.000 pasos de excursión pola Illa de Ons. Vamos, que os nenos e nenas de 4º non paran! Unha magnífica noticia!

Pero qué pasa coas horas de clase? Pois hai un pouco de todo, datos de 5000/6000 pasos pero tamén outros de 2500/3000. Está claro que debemos facer un esforzo para que todo o mundo aproveite os tempos de ocio que temos dentro da nosa xornada dun modo mais saudable.

E para rematar, agradecer a colaboración do alumnado de 4º, polo coidado dos podómetros e por ter a constancia de anotar os datos de cada día.
Nada mais, esperamos os vosos comentarios e as vosas propostas pensando en como mellorar o vindeiro curso.
Un saúdo!   

2 comentarios:

  1. YO TENGO UN AMIGO LLAMADO ADAM AL QUE LE DISTE ESO Y NO PARABA DE AGITARLO TODO EL RATO Y AL FINAL PUSO 5 MIL PASOS U ALGO

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Jjajajaja!

      Todos fixemos o mesmo ao principio. Nada, o importante é facer actividade física, ou non?
      Saúdos...

      Eliminar