Este blog parte da premisa de que a necesidade de movemento é un dereito fundamental do noso alumnado. Coma centro comprometido coas novas competencias que demanda a sociedade, faremos da promoción dos estilos de vida saudables o noso principal obxectivo.
xoves, 5 de outubro de 2017
Xornada de inicación ao Baloncesto!
Co CB Estudiantes Pontevedra!
Pois si! Comezamos o curso promocionando actividades deportivas de "alta calidade"; grazas a colaboración do CB Estudiantes Pontevedra. Tanto no día de de hoxe como na xornada de mañá, o alumnado dos cursos de 2º a 6º de Primaria estarán aprendendo algúns xogos e actividades para facer do baloncesto unha das nosas opcións preferidas á hora de facer deporte saudable.
Deixámosvos unhas poucas fotos das actividades realizadas. https://photos.app.goo.gl/z6YkYrOOxAF188i53 E, coma sempre, se vedes algunha foto, polo motivo que sexa que pensades que non debería estar publicada, enviade un correo que rápidamente será retirada.
Un saúdo!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario