martes, 13 de marzo de 2018

Cal é o voso deporte favorito?

Boas! Que ultimamente as entradas do blog veñen sempre da mesma persoa e a idea deste espazo é contar con mais colaboradores e colaboradoras.
Así que antes de que veña a Semana Santa gustaríanos saber cales son as vosas diversións: Qué xogos e deportes practicades e por qué vos gusta tanto. Podedes poñer fotos, textos, enlaces a webs... ou mesmo un vídeo explicándoo.
Animádevos!


venres, 9 de marzo de 2018

Probamos a xogar ao tenis!

O mércores tocou... Tenis!


Esta semana tivemos a oportunidade de participar nunhas xornadas de promoción do tenis, nas instalacións do Club de Tenis Pontevedra.
Pista cuberta de terra batida... moito espazo para xogar... e profesorado da Federación Galega. O marco ideal para probar un deporte onde sempre hai diversión asegurada.

Fotos no enlace!
https://photos.app.goo.gl/ODsa2sB6UCewXOun1
E se hai algunha que considerades que non debería de estar subida, avisade e se retirará ao momento. Esperamos que vos gusten!

luns, 5 de marzo de 2018

1ª Xornada de Fútsal

Moi boas! Por fin puidemos levar a cabo a nosa actividade de fútbol sala para o alumnado de 3º e 4º: O fútsal!

Coas instalacións do Pavillón do Príncipe Felipe como lugar perfecto para correr e xogar, o pasado mércores comezamos unha serie de encontros deportivos cos nenos e nenas doutros centros.
Unha magnífica oportunidade para promover actividade física saúdable dentro do contexto educativo.

Aquí vos quedan unhas fotos. Esperamos que vos gusten!

https://photos.app.goo.gl/WKAL8VPrf0zgdDOg1

xoves, 1 de marzo de 2018

As fotos do bádminton!

Aquí estamos novamente, con mais fotos do deporte escolar! Esta vez do encontro entre centros escolares que se disputou o pasado 10 de febreiro na Estrada.



A idea era probar en que consisten as competicións de bádminton, dentro do programa da propia Federación. Pero non podemos esquecer que a nosa finalidade era a de compartir momentos de ocio saudable cos compañeiros e compañeiras da escola; obxectivo cumprido!

Moitas grazas á colaboración do CB Pontevedra e ás familias, que organizaron o desprazamento e que fixeron posible esta xornada.

Esperamos que vos gusten as fotos. Saúdos!!

https://photos.app.goo.gl/NrROuWpKjeuXUM043