xoves, 23 de febreiro de 2017

Somos o que comemos?




Agora que estamos a traballar coa época de Grecia clásica, deberíamos recordar que Hipócrates, xa nos dicía que o alimento debía ser a nosa propia medicina (...) 


Xa pasaron moitos anos, pero seguimos a ter un serio problema cos hábitos alimentarios. Nunca tivemos tanta información sobre a necesidade de levar unha dieta saudable e, lamentablemente, cada vez hai mais nenos e adultos con problemas de saude relacionados co que comemos. Da que pensar, non?


Pois dende Educación Física hai un tema moi importante que trata sobre a “Actividade física e a saúde”. Obviamente, coa vosa idade, aínda non tomades moitas decisións sobre o que comedes, pero está claro que estamos nun momento clave para consolidar o que debe ser unha boa alimentación.


Por tanto, entrando en materia:

Almorzos! Son realmente tan saudables como pensades? Seguro??
Imos a abrir un pouco a nosa perspectiva, (que non somos o embigo do mundo...) e aquí vos deixamos un pouco de interculturalidade



 E aquí, xa vos toca traballar: Veña, a buscar información en grupo sobre alimentación saudable (acordádevos, hai que ler e ter conciencia crítica do que leedes...) co fin de elaborar os “Cinco consellos para levar unha alimentación saudable

Veña, esperamos as vosas propostas en comentarios! Saúdos!

martes, 14 de febreiro de 2017

2º vídeo con diferentes golpeos de bádminton

Boas! Despois do éxito da anterior adiviña (...) 0 comentarios, cero... Ce-ro! (...)

Pois volvemos co bádminton, coa segunda presentación dos golpeos vistos na unidade traballada. Esperamos que vos guste! Un saúdo!

mércores, 1 de febreiro de 2017

1º Vídeo tutorial dos golpes básicos en bádminton


Pois si! Xa está aquí!
Despois de tanto traballar co bádminton, estamos en condicións de mostraros algúns dos golpeos básicos.
Moitas grazas pola colaboración para este primeiro vídeo e estade atentos, porque en breves días teremos unha segunda explicación cos "fondos", "drives" e quen sabe se algún que outro"smash".
Esperamos que vos guste. Saúdos!