luns, 26 de febreiro de 2018

Xoga-loita!

Boas, xa estamos de novo co blog. Desta vez co alumnado de 4º, que puideron participar nunha actividade ben diferente: o "Xoga-loita"



Así, o pasado xoves, tivemos a oportunidade de visitar as instalacións do Centro galego de tecnificación deportiva e probar o tapiz que usan habitualmente os deportistas da Selección galega de loita.

Foron xogos de oposición con agarre, como "quitarlle a cola ao cabalo", "darlle a volta á tortilla" ou o "soga-tira" de sempre. Ademais, foi unha oportunidade para xogar con nenos e nenas doutros centros dentro dunha xornada de actividade deportiva e saudable.

No enlace vos queda algunha foto do encontro; esperamos que vos gusten e, coma sempre, se considerades que algunha das imaxes non debería de estar publicada avisade que rapidamente se retirará. 


Deica!



venres, 9 de febreiro de 2018

Xornada de competición interescolar!

Moi boas!
Mañá, en plena festa do Entroido, un grupo de alumnos e alumnas de 5º de primaria vanse desprazar ata A Estrada, para competir competir en bádminton escolar, dentro da modalidade da Federación Española "Bádminton Plus".


A idea é probar como se xoga nun contexto de competición, cun pavillón axeitado e con nenos e nenas doutros centros.
Confiamos en que teñades unha magnífica xornada e que o pasedes moi ben. Á volta do Entroido, queremos ver esas fotos!

Un saúdo e moita sorte!