xoves, 30 de novembro de 2017

Carreira Campo a través...

E que rápido pasou, non?



Onte foi a xornada de Campo a través e tivemos o día perfecto: fresco pero con sol, moita participación pero sen agobiar, cos alumnos de 3º participando por primeira vez pero sen problemas! (...) se me esquezo de algo mais, tedes os comentarios abertos! 😉

Mais o realmente importante foi a gran participación do noso alumnado. Sendo un centro pequeno, animáronse case todos e foron moitos e moitas os que se botaron a correr, por un sitio tan especial como o da Illa das esculturas.

E non podemos esquecer aos pais e ás nais que acudiron, compartiron esta xornada e nos axudaron dun modo tan especial. Grazas!

Para rematar, as fotos! Fixemos un álbum aberto a quen teña algunha bonito recordo deste día e o queira compartir con todos nós.
https://photos.app.goo.gl/e5z3RbQWEBNzQfOl1
As imaxes subidas son as recollidas en distintos medios de comunicación e as que se puideron tomar entre carreira e carreira. Esperamos que vos gusten e, coma sempre, se pensades que algunha delas non debería de estar ahí, avisade e rapidamente se retirará.

Un saúdo e seguimos en contacto. Deica!

3 comentarios:

  1. Respostas
    1. Seguro? Acabo de entrar sen iniciar a sesión, (coma se fose invitado) e puiden acceder á galería.
      Faime o favor e comproba dende outro equipo. Grazas!

      Eliminar