Amosando publicacións coa etiqueta Ocio activo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ocio activo. Amosar todas as publicacións

xoves, 21 de decembro de 2017

Que teñades unhas magníficas festas!!

 

·E os nosos mellores desexos para estes días tan especiais.
 
Por certo, non vos esquezades de que nestas datas non todo vai a ser estar diante da televisión... ou si?

Tedes algunha idea, ou proposta, de ocio "mais activo" ? 
Veña, animádevos e contadenos dentros dos comentarios cales son as vosas ideas.
Unha aperta e vémonos en nada!

venres, 23 de xuño de 2017

E ata aquí chegamos!


Cómo? Xa?? É fin de curso??? (Non pode ser…) pero se fai nada estábamos comezando as clases… Buf… isto vai moi rápido!

Bueno, un pouco en broma, un pouco en serio. A realidade é que os meses pasaron voando; para o bo e para o non tan bo:

Dentro do noso Proxecto deportivo de centro, pensamos que avanzamos na consecución do noso obxectivo principal; promover mais e mellor actividade física dentro do contexto escolar. Participamos dentro de diversas modalidades, incluídas en Xogade; levamos encontros deportivos cos centros da Xunqueira o do Sequelo e puidemos promover actividades deportivas coa colaboracións dalgúns clubes da nosa cidade.

Agora ben, non podemos esquecer que o noso centro ten unhas limitacións de espazo moi grandes, e conseguir xornadas escolares “activas” neste contexto segue a ser un reto ao que debemos dar resposta.

Mais nada! Un saúdo a todos e todas; que teñades unhas magníficas vacacións, con moito ocio activo (en serio, desconectade un pouco de tanto aparello electrónico, non mais “Pokemon Go” please!!!) e vémonos en setembro!
 

P.D. (certo, faltan vídeos do Acrosport  por subir, seino, no verán farei os deberes…)

 

venres, 7 de abril de 2017

Vacacións Semana Santa

Moi boas! Presentome , son Paulo de 5º e non vos pasa que non tedes ningun plan para ''Semana Santa'' aparte de estar xogando coas maquinitas?
Pois bueno,aqui eston eu para darvos algunha idea :D
-Ir de viaxe a algunha cidade nova ou sair a pasear a lugares diferentes:Iste é o meu plan vou a ir a Portugal cos meus amigos, mais concretamente a ''O Porto''
-Quedar con amigos no parque:Se xa acabas todos os deberes e te aburres se queres podes baixar a algun parque a xogar cos teus amigos a pelota, columpios falar etc
-Practicar deportes:O deporte é vital para fortalecernos e incrementar as nosas habilidades. Algun xogo que te guste por exemplo podedes practicar baloncesto, tenis, natacion etc...
-Facer rutas ou senderismo xa sea por bosques, montañas, ciudades, pobos etc...
Como vichedes, todas son de saír afora ¿porque?
                       
                  ¡MOMENTO CIENTIFICO!
-Para poder mover o corrpo e evitar el sedentarismo
- Tamen é un exercicio estupendo para os ollos, que teñen que enfocar a distintas distancias (cosa que no ocurre cuando mantienes todo o día a vista fixa na tele no ordenador).
-Para que o Sol sinetice la VITAMINA D no noso organismo


             Se queres aprender maís visita o link que te deixo a continuación
                       http://tusbuenosmomentos.com/salir-mas-a-la-calle/

                      ¡ADEUS!

martes, 4 de abril de 2017

A camiñar!



Moi boas! A primavera está con nós e non imos perder a oportunidade de darvos opcións de “ocio activo” para estes próximos días de vacacións.
Como xa vos comentamos, a idea deste Proxecto deportivo é a de promover a actividade física saudable dentro dun contexto educativo. Pois que mellor opción que animarse a facer pequenas rutas en contacto coa natureza, non?


Así que comezamos: tanto da que sexan rutas de senderismo, paseos polos parques naturais ou espazos da Rede Natura (http://www.turismo.gal/que-visitar/espazos-naturais/parques-naturais?langId=gl_ES) O importante é que son actividades que podemos facer con toda a familia, se adaptan a calquera nivel de condición física e nos van a dar moi boas xornadas de diversión.
Mais! Imos a aproveitar calquera “smartphone” que teñades por casa para usar o seu GPS como unha ferramenta de gran utilidade neste tipo de actividades. Por exemplo:


É unha das moitas aplicacións que podedes usar para gravar as vosas rutas e ver por onde estívechedes a través dun Google maps ou Earth. Ao ser gratuítas traen  algo de publicidade, pero non precisan de datos no móbil e consumen poucos recursos.
Ademais iredes gardando datos sobre o tempo percorrido, a distancia e unha pequena indicación da ruta que estades a facer.
É unha opción, dentro das moitas posibilidades que tedes (Google fit, Endomondo…) o importante e que vos animedes a saír, ver como funcionan e, en próximos días, explicaremos o de compartir as vosas rutas.

Veña, un saúdo e que teñades uns bos días de vacacións, vémonos!


luns, 6 de marzo de 2017

Precisamos colaboradores!

Pois claro que si! Temos ganas de que nos contedes novas formas de pasar o tempo libre.
Achégase a primavera e seguro que as fines de semana en familia son una magnífica oportunidade para estar en contacto coa natureza.

Así que dende aquí, vos ofrecemos este pequeno blog para que compartades propostas de ocio activo, con ideas para facer una pequena excursión, una ruta por descubrir ou simplemente un novo paseo coas bicicletas.

Veña, animádevos e esperamos as vosas colaboracións. Saúdos!