xoves, 30 de novembro de 2017

Carreira Campo a través...

E que rápido pasou, non?



Onte foi a xornada de Campo a través e tivemos o día perfecto: fresco pero con sol, moita participación pero sen agobiar, cos alumnos de 3º participando por primeira vez pero sen problemas! (...) se me esquezo de algo mais, tedes os comentarios abertos! 😉

Mais o realmente importante foi a gran participación do noso alumnado. Sendo un centro pequeno, animáronse case todos e foron moitos e moitas os que se botaron a correr, por un sitio tan especial como o da Illa das esculturas.

E non podemos esquecer aos pais e ás nais que acudiron, compartiron esta xornada e nos axudaron dun modo tan especial. Grazas!

Para rematar, as fotos! Fixemos un álbum aberto a quen teña algunha bonito recordo deste día e o queira compartir con todos nós.
https://photos.app.goo.gl/e5z3RbQWEBNzQfOl1
As imaxes subidas son as recollidas en distintos medios de comunicación e as que se puideron tomar entre carreira e carreira. Esperamos que vos gusten e, coma sempre, se pensades que algunha delas non debería de estar ahí, avisade e rapidamente se retirará.

Un saúdo e seguimos en contacto. Deica!

martes, 28 de novembro de 2017

Billarda!

Moi boas!

Este ano estamos a promover dun xeito especial os Xogos tradicionais galegos. De feito, o vindeiro día 12 de decembro o alumnado  de sexto participará nun pequeno encontro deportivo onde se xogará á Billarda, aos Bolos Celtas e á Chave.



Aquí vos queda un vídeo explicativo da técnica a empregar cando xoguemos a Billarda.
En breve, mais información. Saúdos!

Mañá, carreira Campo a través!

http://pontevedraviva.com/deportes/41541/campionato-zonal-escolar-cros-aterra-ano-mais-illa-esculturas/


sábado, 25 de novembro de 2017

Xornada de iniciación ao bádminton



Pois aquí estamos de novo! Esta vez co bádminton!

Grazas ao colaboración do CB Bádminton Pontevedra, https://www.facebook.com/badmintonpontevedra/, e dentro do programa que desenvolve a Federación Española, puidemos probar un dos deportes cos que imos a traballar neste curso.

Ademais, temos a sorte de que unha entrenadora deste clube está levando a actividade extraescolar que promove a AMPA. Así que os mércores, de catro e cuarto a cinco e cuarto tedes todo o patio para xogar e aprender as mellores técnicas.

Mais nada, vos deixamos unhas fotos da xornada. Esperamos que vos gusten (e, coma sempre, se hai algunha imaxe que pensades que non debe de estar subida; avisade e rapidamente se quitará da galería)


Saúdos! 

xoves, 2 de novembro de 2017

Xornada de iniciación á loita olímpica

Gran xornada de actividade deportiva!

No día de hoxe, toda a atención do patio estaba centrada nese tapiz que nos permitiu desenvolver unha iniciación á loita olímpica. Ás grazas hai que darllas a Rubén Mendez, técnico da Federación Galega e ao Programa Social de Ence que permitiron contar esta actividade.


Deste modo, os cursos de terceiro, cuarto e quintos puideron comprobar como a Loita é unha disciplina divertida, segura e moi axeitada dentro dun enfoque educativo.

Agora vos deixamos con algunhas fotos; de recordo ou para que vexades o áxiles e fortes que están os nosos rapaces e rapazas: https://photos.app.goo.gl/QtD4GP2vFtlauqSz1
Coma sempre, se hai algunha imaxe que considerades que non debería estar na galería, avisade, e rapidamente quedará retirada.

Para rematar... se queredes probar mais en serio este deporte, deixamos aquí este enlace ao Twitter do Clube de Loita Pontevedra, https://twitter.com/loitapontevedra?lang=gl, onde contan cun grupo de nenos e nenas que adestran os mércores de 4 a 5 nas instalacións do CGTD.

Un saúdo e seguimos en contacto. Deica!

xoves, 5 de outubro de 2017

Xornada de iniciación ao Baloncesto (II)

E un vídeo do que foi a xornada...

Xornada de inicación ao Baloncesto!


Co CB Estudiantes Pontevedra!

Pois si! Comezamos o curso promocionando actividades deportivas de "alta calidade"; grazas a colaboración do CB Estudiantes Pontevedra. Tanto no día de de hoxe como na xornada de mañá, o alumnado dos cursos de 2º a 6º de Primaria estarán aprendendo algúns xogos e actividades para facer do baloncesto unha das nosas opcións preferidas á hora de facer deporte saudable.

Deixámosvos unhas poucas fotos das actividades realizadas. https://photos.app.goo.gl/z6YkYrOOxAF188i53 E, coma sempre, se vedes algunha foto, polo motivo que sexa que pensades que non debería estar publicada, enviade un correo que rápidamente será retirada.
Un saúdo!