Este blog parte da premisa de que a necesidade de movemento é un dereito fundamental do noso alumnado. Coma centro comprometido coas novas competencias que demanda a sociedade, faremos da promoción dos estilos de vida saudables o noso principal obxectivo.
xoves, 5 de outubro de 2017
Xornada de inicación ao Baloncesto!
Co CB Estudiantes Pontevedra!
Pois si! Comezamos o curso promocionando actividades deportivas de "alta calidade"; grazas a colaboración do CB Estudiantes Pontevedra. Tanto no día de de hoxe como na xornada de mañá, o alumnado dos cursos de 2º a 6º de Primaria estarán aprendendo algúns xogos e actividades para facer do baloncesto unha das nosas opcións preferidas á hora de facer deporte saudable.
Deixámosvos unhas poucas fotos das actividades realizadas. https://photos.app.goo.gl/z6YkYrOOxAF188i53 E, coma sempre, se vedes algunha foto, polo motivo que sexa que pensades que non debería estar publicada, enviade un correo que rápidamente será retirada.
Un saúdo!
venres, 15 de setembro de 2017
Back to school
Xa estamos aquí! Benvidos a este novo curso.
Novas ideas... outros proxectos... e moita ilusión para este curso 2017/18
Un saúdo a todos e todas!
venres, 23 de xuño de 2017
E ata aquí chegamos!
Cómo? Xa?? É fin de curso??? (Non pode ser…) pero se fai
nada estábamos comezando as clases… Buf… isto vai moi rápido!
Bueno, un pouco en broma, un pouco en serio. A realidade é
que os meses pasaron voando; para o bo e para o non tan bo:
Dentro do noso Proxecto deportivo de centro, pensamos que
avanzamos na consecución do noso obxectivo principal; promover mais e mellor
actividade física dentro do contexto escolar. Participamos dentro de diversas
modalidades, incluídas en Xogade; levamos encontros deportivos cos centros da
Xunqueira o do Sequelo e puidemos promover actividades deportivas coa
colaboracións dalgúns clubes da nosa cidade.
Agora ben, non podemos esquecer que o noso centro ten unhas
limitacións de espazo moi grandes, e conseguir xornadas escolares “activas” neste
contexto segue a ser un reto ao que debemos dar resposta.
Mais nada! Un saúdo a todos e todas; que
teñades unhas magníficas vacacións, con moito ocio activo (en serio, desconectade
un pouco de tanto aparello electrónico, non mais “Pokemon Go” please!!!) e
vémonos en setembro!
P.D. (certo, faltan vídeos do Acrosport por subir, seino, no verán farei os deberes…)
luns, 19 de xuño de 2017
Somos un Centro Activo e Saudable?
Penso que é unha
boa pregunta que nos pode cuestionar moitas das prácticas que desenvolvemos no noso
día a día, non o creedes?
Así que
perspectiva científica ante todo e a recoller datos:
Un dos
indicadores mais válidos que podemos ter o do número de pasos que damos cada
día. A Organización Mundial da Saúde (OMS) nos sinala a máxica cifra de 10.000
pasos (por certo, hai unha boa historia detrás desta idea, un día falaremos
dela...)
Pois con esta
perspectiva distribuímos distintos podómetros polo alumnado de 4º (grazas pola
vosa colaboración), os axustamos en relación aos datos do peso e altura de cada
un dos participantes no estudo, e controlamos durante unha semana o grado de
actividade durante a xornada escolar, así como no resto do día.
Os resultados son
moi interesantes: o promedio é de mais de 12000 pasos cada día, sen contabilizar
os datos dalgún neno que chegou aos 30.000 pasos de excursión pola Illa de Ons.
Vamos, que os nenos e nenas de 4º non paran! Unha magnífica noticia!
Pero qué pasa
coas horas de clase? Pois hai un pouco de todo, datos de 5000/6000 pasos pero
tamén outros de 2500/3000. Está claro que debemos facer un esforzo para que
todo o mundo aproveite os tempos de ocio que temos dentro da nosa xornada dun
modo mais saudable.
E para rematar,
agradecer a colaboración do alumnado de 4º, polo coidado dos podómetros e por
ter a constancia de anotar os datos de cada día.
Nada mais, esperamos os vosos comentarios e as vosas propostas pensando en como mellorar o vindeiro curso.
Nada mais, esperamos os vosos comentarios e as vosas propostas pensando en como mellorar o vindeiro curso.
Un saúdo!
luns, 5 de xuño de 2017
Acrosport con 5º
xoves, 1 de xuño de 2017
Mais Acrosport!
E con cuarto! O que está claro é que o pasaron moi ben, e nótase!
Espero que vos guste, hai moita calidade neste vídeo. Saúdos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



