Este blog parte da premisa de que a necesidade de movemento é un dereito fundamental do noso alumnado. Coma centro comprometido coas novas competencias que demanda a sociedade, faremos da promoción dos estilos de vida saudables o noso principal obxectivo.
Moi boas!
A verdade é que non atopo moitas coreografías que se poidan presentar... Pero esta a temos usado nos "recreos activos" para quentar e funciona bastante ben:
Nivel de dificultade medio; cara ao final, cóstame seguir os pasos, pero tampouco é o meu forte o baile!
Obviamente é unha broma… non
podemos falar de deberes cando estamos nunha situación para que non estábamos
preparados. E, persoalmente, creo que como non consigamos establecer unhas certas
rutinas de exercicio físico pasaremos o virus este, pero a costa de moito
desequilibrio interno.
Así que hoxe, outra proposta! Sen músicas estridentes, nin
animacións tipo videoxogos:
Espero que vos resulte de utilidade. Un saúdo grande a todos
e todas!
Que gran exercicio! E mira por onde, coa moda do CrossFit, todo o mundo está voltando a saltar... Pois é unha boa noticia, un click e teredes cantidade de información acerca dos beneficios desta actividade:
Así que aquí queda a miña proposta de salto á corda, xa me contaredes que tal. A verdade é que foi unha mágoa non facer "mochilas viaxeiras" co material que temos para EF e que está no centro sen poder usarse (...)
Mañá, eu penso darlle á corda! Saúdos e moito ánimo!
Está claro que manterun mínimo de actividade física vai a ser un factor
esencial de saúde en tódolos aspectos. Así que imos a aproveitar este espazo
para subir contidos e como canle de comunicación nos cursos nos que non
dispoñemos de E-dixgal.
A través de Youtube, non estou
atopando moitos contidos de “calidade”, que se poidan poñer como exemplo (…) Moitos
bailes e coreografías, mostran estereotipos pouco recomendables ou actitudes
claramente contrarias aos valores do noso proxecto educativo. Así que por aí
non temos moito que mostrar.
Os vídeo de “Just dance” teñen
coleccións de música bastante variadas, pero a estética de “videoxogo” tampouco
é o mais recomendable nestes días de tanta estimulación.
Dúas propostas:
Pouco mais que engadir, todo o que sexa traballar mobilidade
de tronco, cambiar de posición, xogar coa respiración van a ser actividades moi
necesarias.
E o canal da anterior entrada:
Os vídeos están bastante ben
estruturados e a idea é que pais e nais, compartan este momento de exercicio
facendo as rutinas que mellor se adapten as vosas necesidades.
Non moito mais! Supoño que en breve farei unha nova entrada
con apps que ofrecen un progresión mais individualizada das actividades
físicas, pero ten o risco de fomentar un maior uso das pantallas (…)
Nestes días que temos por diante, precisamos de opcións para
manter o noso nivel de actividade física e a verdade é que non vai resulta doado coas restricións que imos afrontar.
Así que aí vai a nosa primeira proposta:
Un pouco de espazo, alfombra ou similar para os exercicios
de chan e 13 minutos de actividade.
O canal de Youtube ten un pouco de publicidade
(inevitable…) pero pode ser unha boa opción.
Esperemos que vos sexa de utilidade e seguiremos buscando
novas actividades.
Pois os nosos temores e inquedanzas, convertéronse en realidade (...) Quedan aprazadas todas as actividades que tíñamos preparadas dentro do marco Xogade, así como as propias do noso Proxecto deportivo de centro.
A día de hoxe, non temos instrucións de se é posible usar os blogs de "blogger" para subir información/tarefas nos cursos onde non dispoñemos de E-dixgal. Así que tede paciencia e moito ánimo para estes días que temos por diante.
Xa estamos de novo polo blog! Moitos días sen entradas, pero foi por un bo motivo; a organización da primeira xornada dos encontros deportivos entre centros de Pontevedra.
Esta foi unha iniciativa que saiu grazas ao esforzo e colaboración dos mestres e mestras de EF de colexios coma o CEIP de Marcón, o CEIP San Benito de Lérez ou CEIP Santo André de Xeve, que nos invitaron a xogar aos que non dispoñemos das instalacións necesarias para estes encontros.
As xornadas realizaranse co apoio da Secretaría Xeral para deporte, que nos xestiona o transporte e o correspondente seguro deportivo a través de Xogade.
Así que este xoves, primeiro encontro cos grupos de sexto en Marcón: xogos alternativos, nun contexto de deporte inclusivo e para todos e todas. E promoción das merendas saúdables no tempo de descanso, con froita para todo o alumnado!
Esperamos que todo salga do mellor modo posible e nos levemos un gran recordo deste día.