Amosando publicacións coa etiqueta Rutas de senderismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rutas de senderismo. Amosar todas as publicacións

mércores, 6 de xuño de 2018

Ruta de sendeirismo polo Salgueiral

Moi boas! Hoxe foi un día dos que gustan a todos e todas... Deses que tanta falta nos fan e que permiten recuperar a experiencia sensorial de contacto coa natureza.


Grazas a iniciativa do Concello de Pontevedra e a Comunidade de Montes do Salgueiral o grupo de cuarto puido participar nunha xornada de sendeirismo pola beira do río Almofrei. Ademais, contamos coa colaboración de Alicia e Gonzalo que nos ensinaron a importancia deste patrimonio natural e que temos aquí ao lado.
Valoración moi positiva da actividade, sen dúbida! (queda anotada en "favoritos" con intención de repetir...)

Fotos! No enlace https://photos.app.goo.gl/Fc4MnwYl4DytXGNB3 e, coma sempre, se hai algunha que pensades que non debería de estar compartida, avisade e retirarase o antes posible. Saúdos!!

martes, 4 de abril de 2017

A camiñar!



Moi boas! A primavera está con nós e non imos perder a oportunidade de darvos opcións de “ocio activo” para estes próximos días de vacacións.
Como xa vos comentamos, a idea deste Proxecto deportivo é a de promover a actividade física saudable dentro dun contexto educativo. Pois que mellor opción que animarse a facer pequenas rutas en contacto coa natureza, non?


Así que comezamos: tanto da que sexan rutas de senderismo, paseos polos parques naturais ou espazos da Rede Natura (http://www.turismo.gal/que-visitar/espazos-naturais/parques-naturais?langId=gl_ES) O importante é que son actividades que podemos facer con toda a familia, se adaptan a calquera nivel de condición física e nos van a dar moi boas xornadas de diversión.
Mais! Imos a aproveitar calquera “smartphone” que teñades por casa para usar o seu GPS como unha ferramenta de gran utilidade neste tipo de actividades. Por exemplo:


É unha das moitas aplicacións que podedes usar para gravar as vosas rutas e ver por onde estívechedes a través dun Google maps ou Earth. Ao ser gratuítas traen  algo de publicidade, pero non precisan de datos no móbil e consumen poucos recursos.
Ademais iredes gardando datos sobre o tempo percorrido, a distancia e unha pequena indicación da ruta que estades a facer.
É unha opción, dentro das moitas posibilidades que tedes (Google fit, Endomondo…) o importante e que vos animedes a saír, ver como funcionan e, en próximos días, explicaremos o de compartir as vosas rutas.

Veña, un saúdo e que teñades uns bos días de vacacións, vémonos!