martes, 4 de abril de 2017

A camiñar!



Moi boas! A primavera está con nós e non imos perder a oportunidade de darvos opcións de “ocio activo” para estes próximos días de vacacións.
Como xa vos comentamos, a idea deste Proxecto deportivo é a de promover a actividade física saudable dentro dun contexto educativo. Pois que mellor opción que animarse a facer pequenas rutas en contacto coa natureza, non?


Así que comezamos: tanto da que sexan rutas de senderismo, paseos polos parques naturais ou espazos da Rede Natura (http://www.turismo.gal/que-visitar/espazos-naturais/parques-naturais?langId=gl_ES) O importante é que son actividades que podemos facer con toda a familia, se adaptan a calquera nivel de condición física e nos van a dar moi boas xornadas de diversión.
Mais! Imos a aproveitar calquera “smartphone” que teñades por casa para usar o seu GPS como unha ferramenta de gran utilidade neste tipo de actividades. Por exemplo:


É unha das moitas aplicacións que podedes usar para gravar as vosas rutas e ver por onde estívechedes a través dun Google maps ou Earth. Ao ser gratuítas traen  algo de publicidade, pero non precisan de datos no móbil e consumen poucos recursos.
Ademais iredes gardando datos sobre o tempo percorrido, a distancia e unha pequena indicación da ruta que estades a facer.
É unha opción, dentro das moitas posibilidades que tedes (Google fit, Endomondo…) o importante e que vos animedes a saír, ver como funcionan e, en próximos días, explicaremos o de compartir as vosas rutas.

Veña, un saúdo e que teñades uns bos días de vacacións, vémonos!


4 comentarios:

  1. Pero si aun no son las vacaciones... :v

    ResponderEliminar
  2. Respostas
    1. Ao principio pode resultar un pouco complicado de manexar, pero con calma e vendo as diferentes opcións que vos ofrece, seguro que vos resulta de utilidade (calquera dúbida, aquí estamos!)
      Un saúdo...

      Eliminar