Moi boas! Hoxe foi un día dos que gustan a todos e todas... Deses que tanta falta nos fan e que permiten recuperar a experiencia sensorial de contacto coa natureza.
Grazas a iniciativa do Concello de Pontevedra e a Comunidade de Montes do Salgueiral o grupo de cuarto puido participar nunha xornada de sendeirismo pola beira do río Almofrei. Ademais, contamos coa colaboración de Alicia e Gonzalo que nos ensinaron a importancia deste patrimonio natural e que temos aquí ao lado.
Valoración moi positiva da actividade, sen dúbida! (queda anotada en "favoritos" con intención de repetir...)
Fotos! No enlace https://photos.app.goo.gl/Fc4MnwYl4DytXGNB3 e, coma sempre, se hai algunha que pensades que non debería de estar compartida, avisade e retirarase o antes posible. Saúdos!!
que bo foi e divertido e moi bo ir ao bosque a camiñar pola natureza de vez en cando e ademáis cos teus compañeiros os lo recomendo
ResponderEliminarEsa era a idea! Alégrome de que gustara a actividade.
ResponderEliminarAgora xa sabedes dunha nova ruta e aquí ao lado. Saúdos!