Boas! Hoxe querémosvos contar unha iniciativa que se vai a desenvolver en toda Europa: A semana Europea do deporte saudable; #BeActive #somosactivos #Galiciasaudable
O propio Parlamento Europeo destaca a necesidade de contar cunha sociedade activa e saudable, independentemente da idade, xénero, condición física e capacidade.
Así que, nesta semana, imos a acadar ese obxectivo de 120 minutos de actividade física a través dunha actividade en contacto coa natureza e de gran valor etnográfico e cultural. Agora só falta que o tempo nos acompañe!
Un saúdo e seguiremos informándovos.
Este blog parte da premisa de que a necesidade de movemento é un dereito fundamental do noso alumnado. Coma centro comprometido coas novas competencias que demanda a sociedade, faremos da promoción dos estilos de vida saudables o noso principal obxectivo.
sábado, 21 de setembro de 2019
xoves, 12 de setembro de 2019
Un novo curso!
Moi boas! Xa
estamos novamente por aquí, cun novo
curso e moitas ilusións e novidades.
Esperamos que
tiverades un verán cheo de grandes momentos para empezar coa enerxía acumuladas nestas semanas de vacacións.
E,
dende xa, queremos anunciarvos para este curso o noso obxectivo vai ser a transformación da nosa escola en todo un "Centro activo e saudable"
Un saúdo e seguimos en contacto. Deica!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)