Pois rematando o
curso… e do mellor modo posible!
Grazas á organización da Asociación de Personas con Discapacidad de
Pontevedra (Amizade) os alumnos de 4º puideron participar nunha xornada de
sensibilización respecto ao deporte adaptado.
Mentres practicaban baloncesto en cadeira de rodas, o boccia ou percorrían
os circuitos de sensibilización o noso alumnado puido comprobar o reto de
participar nas distintas modalidades de deporte adaptado.
Actividade moi necesaria para unha integración efectiva das persoas con diversidade
funcional. Esperamos que vos gusten as fotos. Saúdos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario