E case sen darnos de conta, chegamos ao remate deste curso 2017/18.
Foron uns meses nos que se compartiron moitas horas de traballo, tamén de
xogo, pero vos merecedes unhas magníficas vacacións!
Agora é momento de facer balance das iniciativas que mellor funcionaron e
aquelas outras que debemos revisar; pero sempre coa mesma perspectiva, facer
deste centro unha escola de calidade, para todos e para todas, que promova
estilos de vida saudables e que busque enriquecer o tempo que compartimos.
Pola vosa parte, mais fácil, moito ocio “activo” para este verán, aire
libre e a crecer moito nestes dous meses.
Feliz verán e vémonos en setembro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario