domingo, 24 de xuño de 2018

E chegaron as vacacións!



E case sen darnos de conta, chegamos ao remate deste curso 2017/18.




Foron uns meses nos que se compartiron moitas horas de traballo, tamén de xogo, pero vos merecedes unhas magníficas vacacións!
Agora é momento de facer balance das iniciativas que mellor funcionaron e aquelas outras que debemos revisar; pero sempre coa mesma perspectiva, facer deste centro unha escola de calidade, para todos e para todas, que promova estilos de vida saudables e que busque enriquecer o tempo que compartimos.
Pola vosa parte, mais fácil, moito ocio “activo” para este verán, aire libre e a crecer moito nestes dous meses.
Feliz verán e vémonos en setembro!

luns, 18 de xuño de 2018

Xornada de deporte adaptado


Pois rematando o curso… e do mellor modo posible!





Grazas á organización da Asociación de Personas con Discapacidad de Pontevedra (Amizade) os alumnos de 4º puideron participar nunha xornada de sensibilización respecto ao deporte adaptado.
Mentres practicaban baloncesto en cadeira de rodas, o boccia ou percorrían os circuitos de sensibilización o noso alumnado puido comprobar o reto de participar nas distintas modalidades de deporte adaptado.  

Actividade moi necesaria para unha integración efectiva das persoas con diversidade funcional. Esperamos que vos gusten as fotos. Saúdos!


xoves, 7 de xuño de 2018

E faltaba a clase de 4º!

Cando xa tíñamos perdida toda esperanza de que conseguiran facer algunha coreografía, aquí están! Os alumnos e alumnas de cuarto!

Hai que recordar que é o seu primeiro ano neste tema e que o tempo de ensaio non foi o suficiente, aínda así, demostraron que a súa creatividade non ten límites. Hala! Xa podedes ver a estos artistas en acción.
Saúdos...


mércores, 6 de xuño de 2018

Ruta de sendeirismo polo Salgueiral

Moi boas! Hoxe foi un día dos que gustan a todos e todas... Deses que tanta falta nos fan e que permiten recuperar a experiencia sensorial de contacto coa natureza.


Grazas a iniciativa do Concello de Pontevedra e a Comunidade de Montes do Salgueiral o grupo de cuarto puido participar nunha xornada de sendeirismo pola beira do río Almofrei. Ademais, contamos coa colaboración de Alicia e Gonzalo que nos ensinaron a importancia deste patrimonio natural e que temos aquí ao lado.
Valoración moi positiva da actividade, sen dúbida! (queda anotada en "favoritos" con intención de repetir...)

Fotos! No enlace https://photos.app.goo.gl/Fc4MnwYl4DytXGNB3 e, coma sempre, se hai algunha que pensades que non debería de estar compartida, avisade e retirarase o antes posible. Saúdos!!