martes, 23 de xaneiro de 2018

Xa temos o primeiro titorial de bádminton

Boas!

Como xa vos comentamos, unha das ideas do noso Proxecto deportivo de centro e desenvolver competencias clave, así como unha mellora na competencia motriz do alumnado.

Pois que mellor que facer un pequeno vídeo explicativo co que aprender distinas técnicas para xogar ao bádminton. 

Ten moito mérito, xa que todo o traballo foi realizado polos propios alumnos. Esperamos que vos guste!
Un saúdo!

martes, 16 de xaneiro de 2018

Bádminton!

Moi boas e Feliz Aninovo!

Estes días estamos a traballar co tema do bádminton. Un deporte que está funcionando pero que moi ben entre as actividades extraescolares do centro.

Temos dous vídeos moi interesantes para mellorar o noso saque, aquí vos quedan e esperamos que vos gusten. Saúdos!!


xoves, 21 de decembro de 2017

Que teñades unhas magníficas festas!!

 

·E os nosos mellores desexos para estes días tan especiais.
 
Por certo, non vos esquezades de que nestas datas non todo vai a ser estar diante da televisión... ou si?

Tedes algunha idea, ou proposta, de ocio "mais activo" ? 
Veña, animádevos e contadenos dentros dos comentarios cales son as vosas ideas.
Unha aperta e vémonos en nada!

martes, 12 de decembro de 2017

Estirándonos!

Aquí estamos novamente! E cunha breve cuestión:
Sabemos por que hai que facer estiramentos? 



Iremos avanzando cara o vindeiro trimestre. Mentres vos quedan as seguintes rutinas para que as vaiades probando.
Estamos en contacto. Saúdos!!

xoves, 30 de novembro de 2017

Carreira Campo a través...

E que rápido pasou, non?



Onte foi a xornada de Campo a través e tivemos o día perfecto: fresco pero con sol, moita participación pero sen agobiar, cos alumnos de 3º participando por primeira vez pero sen problemas! (...) se me esquezo de algo mais, tedes os comentarios abertos! 😉

Mais o realmente importante foi a gran participación do noso alumnado. Sendo un centro pequeno, animáronse case todos e foron moitos e moitas os que se botaron a correr, por un sitio tan especial como o da Illa das esculturas.

E non podemos esquecer aos pais e ás nais que acudiron, compartiron esta xornada e nos axudaron dun modo tan especial. Grazas!

Para rematar, as fotos! Fixemos un álbum aberto a quen teña algunha bonito recordo deste día e o queira compartir con todos nós.
https://photos.app.goo.gl/e5z3RbQWEBNzQfOl1
As imaxes subidas son as recollidas en distintos medios de comunicación e as que se puideron tomar entre carreira e carreira. Esperamos que vos gusten e, coma sempre, se pensades que algunha delas non debería de estar ahí, avisade e rapidamente se retirará.

Un saúdo e seguimos en contacto. Deica!

martes, 28 de novembro de 2017

Billarda!

Moi boas!

Este ano estamos a promover dun xeito especial os Xogos tradicionais galegos. De feito, o vindeiro día 12 de decembro o alumnado  de sexto participará nun pequeno encontro deportivo onde se xogará á Billarda, aos Bolos Celtas e á Chave.



Aquí vos queda un vídeo explicativo da técnica a empregar cando xoguemos a Billarda.
En breve, mais información. Saúdos!

Mañá, carreira Campo a través!

http://pontevedraviva.com/deportes/41541/campionato-zonal-escolar-cros-aterra-ano-mais-illa-esculturas/