Bo día, hoxe 28
de abril ía ser a celebración dun día moi especial; o día da EF na rúa.
Unha xornada para
saír fora das escolas e mostrar coma a través da nosa área buscamos o
desenvolvemento competencial do alumando; con propostas inclusivas e
abertas aos diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe.
Nestes días de confinamento,
a promoción de hábitos saudables e da actividade física parécenos un traballo
esencial; pero sen a vosa colaboración pouco poderemos facer dende
este teclado.
Así que imos a
cambiar o contexto e vos pedimos axuda para facer desta celebración unha
oportunidade para que os alumnos e alumnas de 1º e 2º nos ensinen como están a
facer exercicio dende a casa.
A idea é que gravedes un pequeno vídeo -en formato
horizontal e cunha duración duns 20 segundos- e, cando os teñades, mos remitides á
uncolexioenforma@gmail.com. Con todas as propostas faremos un vídeo conxunto.
Un saúdo, grazas
pola vosa disposición e para calquera dúbida estamos en contacto. Moito
ánimo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario