Cómo? Xa?? É fin de curso??? (Non pode ser…) pero se fai
nada estábamos comezando as clases… Buf… isto vai moi rápido!
Bueno, un pouco en broma, un pouco en serio. A realidade é
que os meses pasaron voando; para o bo e para o non tan bo:
Dentro do noso Proxecto deportivo de centro, pensamos que
avanzamos na consecución do noso obxectivo principal; promover mais e mellor
actividade física dentro do contexto escolar. Participamos dentro de diversas
modalidades, incluídas en Xogade; levamos encontros deportivos cos centros da
Xunqueira o do Sequelo e puidemos promover actividades deportivas coa
colaboracións dalgúns clubes da nosa cidade.
Agora ben, non podemos esquecer que o noso centro ten unhas
limitacións de espazo moi grandes, e conseguir xornadas escolares “activas” neste
contexto segue a ser un reto ao que debemos dar resposta.
Mais nada! Un saúdo a todos e todas; que
teñades unhas magníficas vacacións, con moito ocio activo (en serio, desconectade
un pouco de tanto aparello electrónico, non mais “Pokemon Go” please!!!) e
vémonos en setembro!
P.D. (certo, faltan vídeos do Acrosport por subir, seino, no verán farei os deberes…)