Despois de un tempo co blog parado xa estamos novamente por aquí e con
moitas novidades: comezamos co Atletismo en pista!
No día de onte, tivemos a oportunidade de participar nun encontro entre
distintos centros co fin de probar modalidades de atletismo coma o salto de
lonxitude, o lanzamento de peso, as probas de relevos ou a tan esixente proba
dos 500 metros.
Unha magnífica xornada da que nos queda un bo recordo e unhas cantas fotos.
Darlle as grazas á lesionada Cristina que estivo moi atenta coa cámara e, coma
sempre, se hai algunha foto que considerades que non debe estar, avisade e
rapidamente se quitará.
Saúdos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario