martes, 30 de maio de 2017

Recreos Activos?




RecreXogos!

Aínda que xa está a piques de rematar o curso, temos que falar de como podemos organizar os recreos, non creedes?

A idea é aumentar o tempo de actividade física durante as horas de clase. Así que quedamos abertos a novas propostas ou ideas que teñades. Este ano fixemos cinco zonas de xogos (que xa é moito, tendo o pouco espazo que hai):
-         Campo de balón
-         Mesas de ping-pong
-         Cordas-gomas
-         Xogos de mesa
-         Xadrez na biblioteca
 
Pero seguro que tedes algunha nova proposta. Veña, esperamos os vosos comentarios.
Un saúdo!

sábado, 27 de maio de 2017

FutSal con 4º!

https://goo.gl/photos/T6PPaZgK8E4TSZFq9

 Recuperados?

Onte foi un día de moita actividade física para o noso alumnado de 4º!

Día de xogo ao FútSal; unha adaptación do fútbol sala para o alumnado de primaria. Así que xornada de participación cos rapaces e rapaces do Sequelo de Marín e A Xunqueira 1. Moita diversión, espazos para correr sen parar detrás do balón e tempo de ocio activo. Misión cumplida, non?

Esperamos que vos gusten as fotos que vos deixamos no enlace de enriba. Coma sempre, se hai algunha foto que non vos apetece que esté subida, avisade; e rapidamente se quitará do blog.

Un saúdo e boa fin de semana!

xoves, 25 de maio de 2017

Acrosport con 4ºA




Aquí seguimos, mostrando algún dos exercicios que están facendo os nosos “ximnastas” do Froebel. Agora vos deixamos cun grupo dos de 4º. Esperamos que vos guste!

Saúdos!

sábado, 20 de maio de 2017

Entrenamos coa Fundación Celta

Xornada de fútbol! E dentro da escola!!





Un pouco en broma, a verdade é que foi toda unha oportunidade de practicar un pouco de fútbol no noso mini-patio. Algo de xogo, toque de balón, e un día diferente, non? A quen lle gustou o xogo de Johnny-Johnny?

Aquí vos quedan as fotos: Pinchar aquí para ver as fotos.

Saúdos e que teñades un magnífico fin de semana!

martes, 16 de maio de 2017

Acrobacias e música!



Nestes días estamos a traballar cun tema dedicado ao Acrosport: un deporte que combina coreografías e figuras ximnásticas.
Levamos uns días traballando e a verdade é que están saíndo exercicios moi interesantes; con elementos da danza, piruetas, pirámides, equilibrios... e moito traballo en equipo!
Coma exemplo, aquí está un grupo de 6ºB con un exercicio que esperamos que vos guste tanto coma a nós! Estade atentos!


Saúdos!

mércores, 10 de maio de 2017

Iniciación ás carreiras de orientación

Este luns, o curso de 5º tivo a oportunidade de participar nunha proba diferente; estamos a falar das carreiras de orientación.


É un deporte, relativamente novedoso, que permite adaptarse a todas as idades e todos os niveles de condición física; xa que se pode facer correndo, trotando ou tamén camiñando. O verdadeiramente importante é como interpretamos un mapa e cal é a nosa perpepción espacial e sentido da orientación. Polo que é unha actividade que esixe non só cualidades físicas senón unha boa coordinación cos membros do equipo e, sobre todo, gañas de pasalo ben.

Temos que darlles as grazas ao profesorado e alumnos do Ciclo formativo en Animación de Actividades Físicas y Deportivas, do IES Sánchez Cantón; xa que sen a súa organización non poderíamos participar neste tipo de probas.
En breves días teremos mais fotos, pero por agora, deixámosvos unha poucas imaxes desta xornada. Saúdos!

https://goo.gl/photos/Mpg4P1TEE4JicvwCA


venres, 5 de maio de 2017

Atletismo en pista!



Despois de un tempo co blog parado xa estamos novamente por aquí e con moitas novidades: comezamos co Atletismo en pista!


No día de onte, tivemos a oportunidade de participar nun encontro entre distintos centros co fin de probar modalidades de atletismo coma o salto de lonxitude, o lanzamento de peso, as probas de relevos ou a tan esixente proba dos 500 metros.
Unha magnífica xornada da que nos queda un bo recordo e unhas cantas fotos. Darlle as grazas á lesionada Cristina que estivo moi atenta coa cámara e, coma sempre, se hai algunha foto que considerades que non debe estar, avisade e rapidamente se quitará.

Saúdos!