Bo día! Somos un "Centro activo"? Promovemos a actividade física coma parte dun estilo de vida saudable para todos e todas?
O alumnado dos grupos de 4º xa están contabilizando o número de pasos que dan en cada xornada e, aínda que non temos a totalidade dos datos, os primeiros resultados indican que as mañás poderían ser menos sedentarias.
Suxerencias! Organizamos doutro modo os recreos? Precisamos novos espacios para os tempos de lecer? Buscamos algún outro tempo ao longo da mañá?
Esperamos contar coa vosa colaboración a través dos comentarios no blog e tamén faremos partícipes ao resto do profesorado desta inquedanza.
Un saúdo!
Este blog parte da premisa de que a necesidade de movemento é un dereito fundamental do noso alumnado. Coma centro comprometido coas novas competencias que demanda a sociedade, faremos da promoción dos estilos de vida saudables o noso principal obxectivo.
luns, 25 de febreiro de 2019
martes, 5 de febreiro de 2019
Movémonos?
Moi boas! Temos o blog moi, pero que moi parado. Así que primeira iniciativa!
(Seguimos en contacto... Un saúdo!)
(Seguimos en contacto... Un saúdo!)
mércores, 9 de xaneiro de 2019
Feliz 2019!
Xa estamos novamente por aquí, con moitas ideas e proxectos en mente! A ver si entre todos e todas facemos do noso centro unha escola mais activa e saudable.
Vamos cun vídeo! De cando estivemos xogando ao baseball, para o día de New York. Esperamos que vos guste.
Saúdos e seguimos en contacto. Abrigádevos!
Vamos cun vídeo! De cando estivemos xogando ao baseball, para o día de New York. Esperamos que vos guste.
Saúdos e seguimos en contacto. Abrigádevos!
venres, 21 de decembro de 2018
New York Day!
Boas... (e retomando actividade no blog...)
Onte foi a celebración do Día de New York, e dende educación física quixemos participar, coa axuda da nosa lectora Tara, xogando... ao Baseball!!
Aínda nos queda traballo por facer... pero pasámolo ben e iso é o que conta!
En breve, subirei outro vídeo -coa colaboración de 6ºB- onde aparecerán algunha destas xogadas!
O dito, boas festas e que teñades un magnífico Aninovo! Saúdos!
Onte foi a celebración do Día de New York, e dende educación física quixemos participar, coa axuda da nosa lectora Tara, xogando... ao Baseball!!
Aínda nos queda traballo por facer... pero pasámolo ben e iso é o que conta!
En breve, subirei outro vídeo -coa colaboración de 6ºB- onde aparecerán algunha destas xogadas!
O dito, boas festas e que teñades un magnífico Aninovo! Saúdos!
venres, 30 de novembro de 2018
Carreira Campo a través
Moi boas! Xa
estamos novamente co blog operativo e que mellor modo que facelo coas fotos da
Carreira na Illa das Esculturas.
O mércores a
chuvia deunos unha tregua para que os nenos e nenas de toda Pontevedra puideran
participar na súa xornada de Cross. Foi o Campionato Zonal das xornadas de
deporte escolar que coma ven sendo tradición disputouse na zona da Xunqueira,
un dos mellores lugares da nosa cidade para poñerse as zapatillas e botarse a
correr.
Gran xornada de
participación, convivencia e de mostrar hábitos saudables para o noso tempo de
lecer. Aquí abaixo queda o enlace con algunhas fotos da xornada (esta vez
hai poucas porque o fotógrafo non estaba para moitas carreiras) e, coma sempre,
se considerades que algunhas da imaxes non debería estar subida, avisade, e
rapidamente quedará retirada.
Un saúdo e
esperamos que vos gusten!
martes, 25 de setembro de 2018
Valoración inicial da área de Educación Física
Moi boas! Pouco a
pouco ímoslle collendo o ritmo a este novo curso e o blog tamén ten que ir
collendo avanzando. Así que imos aló:
A idea deste espazo é
facer visible propostas e iniciativas para fomentar a actividade física
saudable, aínda que tamén nos pode servir de ferramenta para publicar algúns dos traballos realizados dende a nosa área.
Un exemplo son as enquisas
realizadas sobre os temas traballados en Educación Física. Cos resultados, que aquí vos deixamos, tentaremos axustar os contidos programados. A vosa opinión é moi importante!
Veña saúdos e seguimos
en contacto… Boa semana!
martes, 18 de setembro de 2018
Un novo curso!!
E xa estamos aquí
co blog en marcha:
Con moitos proxectos e ideas que queremos compartir a través deste espazo
dixital. Obviamente a inercia será a de darlle mais importancia a comunicación
e ás actividades a través de Edixgal, pero o blog sempre vai a estar aí; coma
unha declaración de intencións da nosa área.
Así que aquí vos
queda a primeira publicación deste curso 2018/19.
Esperamos que vos guste!
Saúdos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


