mércores, 9 de xaneiro de 2019

Feliz 2019!

Xa estamos novamente por aquí, con moitas ideas e proxectos en mente! A ver si entre todos e todas facemos do noso centro unha escola mais activa e saudable.

Vamos cun vídeo! De cando estivemos xogando ao baseball, para o día de New York. Esperamos que vos guste.
Saúdos e seguimos en contacto. Abrigádevos!



venres, 21 de decembro de 2018

New York Day!

Boas... (e retomando actividade no blog...)

Onte foi a celebración do Día de New York, e dende educación física quixemos participar, coa axuda da nosa lectora Tara, xogando... ao Baseball!!


Aínda nos queda traballo por facer... pero pasámolo ben e iso é o que conta!

En breve, subirei outro vídeo -coa colaboración de 6ºB- onde aparecerán algunha destas xogadas!

O dito, boas festas e que teñades un magnífico Aninovo! Saúdos!

venres, 30 de novembro de 2018

Carreira Campo a través


Moi boas! Xa estamos novamente co blog operativo e que mellor modo que facelo coas fotos da Carreira na Illa das Esculturas.


O mércores a chuvia deunos unha tregua para que os nenos e nenas de toda Pontevedra puideran participar na súa xornada de Cross. Foi o Campionato Zonal das xornadas de deporte escolar que coma ven sendo tradición disputouse na zona da Xunqueira, un dos mellores lugares da nosa cidade para poñerse as zapatillas e botarse a correr.

Gran xornada de participación, convivencia e de mostrar hábitos saudables para o noso tempo de lecer. Aquí abaixo queda o enlace con algunhas fotos da xornada (esta vez hai poucas porque o fotógrafo non estaba para moitas carreiras) e, coma sempre, se considerades que algunhas da imaxes non debería estar subida, avisade, e rapidamente quedará retirada.

Un saúdo e esperamos que vos gusten!

martes, 25 de setembro de 2018

Valoración inicial da área de Educación Física

Moi boas! Pouco a pouco ímoslle collendo o ritmo a este novo curso e o blog tamén ten que ir collendo avanzando. Así que imos aló:

A idea deste espazo é facer visible propostas e iniciativas para fomentar a actividade física saudable, aínda que tamén nos pode servir de ferramenta para publicar algúns dos traballos realizados dende a nosa área. 
Un exemplo son as enquisas realizadas sobre os temas traballados en Educación Física. Cos resultados, que aquí vos deixamos, tentaremos axustar os contidos programados. A vosa opinión é moi importante!
Veña saúdos e seguimos en contacto… Boa semana!

martes, 18 de setembro de 2018

Un novo curso!!


E xa estamos aquí co blog en marcha:

Con moitos proxectos e ideas que queremos compartir a través deste espazo dixital. Obviamente a inercia será a de darlle mais importancia a comunicación e ás actividades a través de Edixgal, pero o blog sempre vai a estar aí; coma unha declaración de intencións da nosa área.

Así que aquí vos queda a primeira publicación deste curso 2018/19. 


Esperamos que vos guste!
Saúdos.

domingo, 24 de xuño de 2018

E chegaron as vacacións!



E case sen darnos de conta, chegamos ao remate deste curso 2017/18.




Foron uns meses nos que se compartiron moitas horas de traballo, tamén de xogo, pero vos merecedes unhas magníficas vacacións!
Agora é momento de facer balance das iniciativas que mellor funcionaron e aquelas outras que debemos revisar; pero sempre coa mesma perspectiva, facer deste centro unha escola de calidade, para todos e para todas, que promova estilos de vida saudables e que busque enriquecer o tempo que compartimos.
Pola vosa parte, mais fácil, moito ocio “activo” para este verán, aire libre e a crecer moito nestes dous meses.
Feliz verán e vémonos en setembro!

luns, 18 de xuño de 2018

Xornada de deporte adaptado


Pois rematando o curso… e do mellor modo posible!





Grazas á organización da Asociación de Personas con Discapacidad de Pontevedra (Amizade) os alumnos de 4º puideron participar nunha xornada de sensibilización respecto ao deporte adaptado.
Mentres practicaban baloncesto en cadeira de rodas, o boccia ou percorrían os circuitos de sensibilización o noso alumnado puido comprobar o reto de participar nas distintas modalidades de deporte adaptado.  

Actividade moi necesaria para unha integración efectiva das persoas con diversidade funcional. Esperamos que vos gusten as fotos. Saúdos!