venres, 24 de marzo de 2017

Charla con David Añón e Javier Bonilla

Hoxe, visita especial: Con nós estiveron David Añón e Javier Bonilla, dous xogadores do primeiro equipo do Pontevedra CF.

Invitáronnos ao partido deste domingo fronte ao Tudelano, en loita directa polos postos de disputa do "play off" e durante un bo rato houbo unha interesante conversa con moitas preguntas por parte dos alumnos de 3º, 4º e 5º.

Aquí vos deixamos as fotos, e moita sorte para o partido!

https://goo.gl/photos/qUpPHNvpmQqSPPL86

xoves, 23 de marzo de 2017

Basket no Froebel co CB Estudiantes Pontevedra



Moi boas! Semana de baloncesto no Froebel coa colaboración do CB Estudiantes Pontevedra. Durante dúas xornadas, Ricardo e Eduardo estiveron mostrando nos cursos de 3º e 4º as posibilidades de diversión que ofrece este deporte: xogos para todos e todas co único requisito de ter balóns e unha canastra onde encestar.
Aquí vos deixamos a súa páxina web onde contades con toda a información sobre actividades e equipos:   http://www.estudiantespontevedra.com/ E o seu Instagram que tamén hai moitos seguidores desta rede social: https://www.instagram.com/bepontevedra/

Por último, o enlace ás fotos sacadas na xornada de hoxe. Esperamos que vos gusten! 
Fotos de iniciación ao baloncesto co CB Estudiantes Pontevedra
 
O dito, agradecerlles o bo traballo a Ricardo e Eduardo e moita sorte cos seus equipos de base. Saúdos!!

luns, 6 de marzo de 2017

Precisamos colaboradores!

Pois claro que si! Temos ganas de que nos contedes novas formas de pasar o tempo libre.
Achégase a primavera e seguro que as fines de semana en familia son una magnífica oportunidade para estar en contacto coa natureza.

Así que dende aquí, vos ofrecemos este pequeno blog para que compartades propostas de ocio activo, con ideas para facer una pequena excursión, una ruta por descubrir ou simplemente un novo paseo coas bicicletas.

Veña, animádevos e esperamos as vosas colaboracións. Saúdos!

xoves, 23 de febreiro de 2017

Somos o que comemos?




Agora que estamos a traballar coa época de Grecia clásica, deberíamos recordar que Hipócrates, xa nos dicía que o alimento debía ser a nosa propia medicina (...) 


Xa pasaron moitos anos, pero seguimos a ter un serio problema cos hábitos alimentarios. Nunca tivemos tanta información sobre a necesidade de levar unha dieta saudable e, lamentablemente, cada vez hai mais nenos e adultos con problemas de saude relacionados co que comemos. Da que pensar, non?


Pois dende Educación Física hai un tema moi importante que trata sobre a “Actividade física e a saúde”. Obviamente, coa vosa idade, aínda non tomades moitas decisións sobre o que comedes, pero está claro que estamos nun momento clave para consolidar o que debe ser unha boa alimentación.


Por tanto, entrando en materia:

Almorzos! Son realmente tan saudables como pensades? Seguro??
Imos a abrir un pouco a nosa perspectiva, (que non somos o embigo do mundo...) e aquí vos deixamos un pouco de interculturalidade



 E aquí, xa vos toca traballar: Veña, a buscar información en grupo sobre alimentación saudable (acordádevos, hai que ler e ter conciencia crítica do que leedes...) co fin de elaborar os “Cinco consellos para levar unha alimentación saudable”

Veña, esperamos as vosas propostas en comentarios! Saúdos!

martes, 14 de febreiro de 2017

2º vídeo con diferentes golpeos de bádminton

Boas! Despois do éxito da anterior adiviña (...) 0 comentarios, cero... Ce-ro! (...)

Pois volvemos co bádminton, coa segunda presentación dos golpeos vistos na unidade traballada. Esperamos que vos guste! Un saúdo!

domingo, 12 de febreiro de 2017

mércores, 1 de febreiro de 2017

1º Vídeo tutorial dos golpes básicos en bádminton


Pois si! Xa está aquí!
Despois de tanto traballar co bádminton, estamos en condicións de mostraros algúns dos golpeos básicos.
Moitas grazas pola colaboración para este primeiro vídeo e estade atentos, porque en breves días teremos unha segunda explicación cos "fondos", "drives" e quen sabe se algún que outro"smash".
Esperamos que vos guste. Saúdos!