xoves, 23 de febreiro de 2017

Somos o que comemos?




Agora que estamos a traballar coa época de Grecia clásica, deberíamos recordar que Hipócrates, xa nos dicía que o alimento debía ser a nosa propia medicina (...) 


Xa pasaron moitos anos, pero seguimos a ter un serio problema cos hábitos alimentarios. Nunca tivemos tanta información sobre a necesidade de levar unha dieta saudable e, lamentablemente, cada vez hai mais nenos e adultos con problemas de saude relacionados co que comemos. Da que pensar, non?


Pois dende Educación Física hai un tema moi importante que trata sobre a “Actividade física e a saúde”. Obviamente, coa vosa idade, aínda non tomades moitas decisións sobre o que comedes, pero está claro que estamos nun momento clave para consolidar o que debe ser unha boa alimentación.


Por tanto, entrando en materia:

Almorzos! Son realmente tan saudables como pensades? Seguro??
Imos a abrir un pouco a nosa perspectiva, (que non somos o embigo do mundo...) e aquí vos deixamos un pouco de interculturalidade



 E aquí, xa vos toca traballar: Veña, a buscar información en grupo sobre alimentación saudable (acordádevos, hai que ler e ter conciencia crítica do que leedes...) co fin de elaborar os “Cinco consellos para levar unha alimentación saudable

Veña, esperamos as vosas propostas en comentarios! Saúdos!

10 comentarios:

  1. Guang Li, Mencía, Victor y Iván24 de febreiro de 2017, 10:43

    Bebe 2 litros de auga ao día
    Come 3 veces a semana carne
    come 1 día semana solo de verduras.
    Come todos os días frutas.
    Guang Li, Mencía, Victor y Iván.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois de todos os traballos que se fixeron, este é o único que está publicado (...) haberá que recompensalo, non?? ;D

      De todos modos... non son moi partidarios de normas; mais ben de recomendacións, ok?(para evitar que algunhas expresións se poidan malinterpretar)
      Pregunta, eso de que "come un día á semana só verduras" de onde saiu ¿? ou queríades decir que todos os días hai que incluír verduras na nosa dieta ?? =\

      (saúdos e bo Entroido...)

      Eliminar
    2. Profe, son Sabela. Nós publicamos o comentario, pero non está. Nn sei que puido pasar. Síntoo

      Eliminar
    3. Seguro que lle díchesde a "enviar" ??? (...)
      O normal é que aparezca... De todos modos, deixo a actividade aberta e estarei atento por se aparece algún novo comentario.
      Saúdos!

      Eliminar
  2. Hola, somos Bruna, Carlota, Pablo Taboada e Hugo ímosvos decir 5 habitos saludables:
    1. Tomar 5 comidas ao día. Porque é saudable e evitamos enfermidades, ademáis impide picotear cousas que non debemos.
    2. Beber moita auga.
    3.Facer exercicio.
    4.Durmir 8 horas ao día.
    5.A Hixiene.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Totalmente de acordo!
      (Pero se vos fixades... a idea era que presentarades cinco hábitos saudables en relación coa alimentación)
      De todos modos, bo traballo!

      Eliminar
  3. Somos Antonio Poceiro, Sabela , Manuel e Álvaro.
    Beber un litro de auga ao día
    Comer de 3 a 5 pezas de froita ao día.
    Almorzar con consistencia( graxas animais poucas,froita)
    Come verdura.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ben... como consellos estades mais encamiñados! Ok!!
      Por certo, graxas animais, poucas?? E as que van nas galletas en forma de aceites de palma e cousas dese tipo si? =/

      Eliminar
  4. Respostas
    1. Moi interesa a túa contribución... dende logo que sí! XD

      Eliminar