Mañá 12 de febreiro imos ao Campionato escolar de campo a través!
Ahí estaremos! Coa clase de 3ºA clasificada na xornada da fase zonal.
Imos a ter tanta sorte que parece que non vai a chover...
Un saúdo!
Este blog parte da premisa de que a necesidade de movemento é un dereito fundamental do noso alumnado. Coma centro comprometido coas novas competencias que demanda a sociedade, faremos da promoción dos estilos de vida saudables o noso principal obxectivo.
martes, 11 de febreiro de 2020
domingo, 2 de febreiro de 2020
Campionato Provincial de Campo a través
Moi boas! Como foi esta fin de semana? Esperamos que moi interesante e desfrutando
do tempo libre.
Pois quixéramos comentarvos que no día de onte. Un grupo de alumnas e
alumnas participaron no Campionato Provincial de atletismo, na modalidade de
campo a través.
Ao final, coas baixas de ultima hora, soamente puideron participar sete. Apesares da chuvia da mañá, fixeron unhas magníficas carreiras, correndo
con nenos e nenas que xa optaron polo atletismo como principal deporte e cunha
distancia 500 metros superior a que disputaran na carreira da Illa das
esculturas.
Persoalmente, moi contento con ir avanzando nas distintas modalidades de
deporte escolar pero, coma sempre, quedamos abertos a novas propostas. Sen dúbida!
Un último agradecemento, a colaboración prestada, dende a organización dos
quecementos, para facer grupo entre as distintas carreiras, coma nas fotos facilitadas que aquí vos deixo.
Un saúdo e seguimos en contacto!
xoves, 23 de xaneiro de 2020
Educación física na alameda?
Parece claro que temos un problema cos espazos do noso centro, a igual que
outras moitas escolas de Pontevedra. Mais a falta dun espazo descuberto que permita
desenvolver a educación física cunhas mínimas esixencias de calidade están moi
presentes.
Unha proposta, que por agora parece mais ou menos viable, é aproveitar o
parque da Alameda como fixemos no día de hoxe co grupo de 4º. Obviamente, non é
a opción mais desexable, por que estamos fora do recinto escolar; pero a
verdade é que o feito de correr, moverse ao aire libre, cansarse e xogar entre
árbores é unha experiencia que sempre merece a pena.
Seguirémolo intentando. Saúdos!
sábado, 18 de xaneiro de 2020
Carreira no Telexornal
Minuto 21! A ver si aparece alguén do colexio...
http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/gal-20200117inf/5486298/
E mais fotos na prensa:
https://www.farodevigo.es/deportes/pontevedra/2020/01/18/900-ninos-participan-campeonato-campo/2232873.html
https://www.lavozdegalicia.es/album/pontevedra/pontevedra/2020/01/17/corriendo-salir-clase/01101579263901440748835.htm
http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/gal-20200117inf/5486298/
E mais fotos na prensa:
https://www.farodevigo.es/deportes/pontevedra/2020/01/18/900-ninos-participan-campeonato-campo/2232873.html
https://www.lavozdegalicia.es/album/pontevedra/pontevedra/2020/01/17/corriendo-salir-clase/01101579263901440748835.htm
Carreira campo a través!
A terceira… foi a
vencida! Despois de dous aprazamentos, este venres día 17, por fin puidemos
participar no cros escolar da zona de Pontevedra.
A xornada tivo o
sol como protagonista, cando xa todos e todas temíamos o peor. Foi un bo comezo
para un día de deporte escolar, de convivencia fora das aulas e de promoción da
actividade física saudable.
Ademais, imos ter
continuidade co atletismo xa que o grupo de 3ºA clasificouse para o Provincial
escolar do día 12 de febreiro e algúns nenos e nenas estarán no Provincial
individual do 1 de febreiro en Castrelos.
Mais nada, as fotos!
E, coma sempre, se
hai algunha imaxe, polo motivo que sexa, que non debería de estar na galería;
avisade e rapidamente a retiraremos.
Un saúdo e seguimos
en contacto!
domingo, 12 de xaneiro de 2020
O DEZASETE... CARREIRA!
Feliz aninovo,
ante todo!
Este venres, por fin temos a carreira campo a través na Illa das
esculturas.
No día de mañá
enviaremos o aviso a través de “Abalar móbil” para que todos e todas esteades
informados puntualmente de horarios e da organización.
Un saúdo e,
agora, que non chova!
martes, 26 de novembro de 2019
Houbo Magosto!
Houbo magosto!
Case, case, chegando ao Nadal. Pero as castañas precisan lume, e con tanta auga,
chuvia e vento, non foi doado preparar esta xornada.
Mais ao final houbo
festa, con castañas, xogos e música. Por sorte, tivemos a colaboración e axuda
do alumnado de sexto. Sen o seu traballo non poderíamos facer nin organizar os
distintos xogos tradicionais galegos. Estiveron en cada grupo coidando de que
todo o mundo puidera xogar e axudando a quen o precisaba. Así que, dende aquí,
mostrar o noso agradecemento polo bo traballo realizado.
As fotos! Deixámosvos
unhas cantas imaxes que esperamos que vos gusten: https://photos.app.goo.gl/vQD2iir1jUdEDMDw5.
Se por calquera motivo,
considerades que algunha non debería de estar subida, avisade, e rapidamente se quitará.
Un saúdo e seguimos en contacto!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



