Xa estamos aquí con novas fotos! https://photos.app.goo.gl/6QwpzeJLEFaPo5P16
Onte participamos na carreira solidaria que organizou o colexio Sagrado Corazón de Placeres, con motivo do seu centenario, colaborando co Banco de alimentos de Pontevedra.
Sol, Illa das esculturas e unha xornada activa e saudable.
Esperamos que vos gusten as fotos, e se hai que quitar algunha -polo motivo que sexa- avisade e rápidamente se quitará da galería. Saúdos e que teñades unha magnífica Pascua
Este blog parte da premisa de que a necesidade de movemento é un dereito fundamental do noso alumnado. Coma centro comprometido coas novas competencias que demanda a sociedade, faremos da promoción dos estilos de vida saudables o noso principal obxectivo.
venres, 12 de abril de 2019
luns, 1 de abril de 2019
D.A.F.I.S.
Moi boas! Como xa vos explicamos noutras ocasións, o noso Proxecto
deportivo de centro ten como finalidade a promoción de estilos de vida activos
e saudables dende un ámbito educativo.
Neste contexto, un dos nosos obxectivos tiña que ser, a valoración da
condición física. Necesitábamos saber como
estamos para así programar actividades
específicas naqueles aspectos a mellorar.
Aquí vos queda o enlace coa descrición das distintas probas:
E mais nada, esperamos que vos gusten as probas e que os resultados nos sirvan para ver cales son as nosas fortalezas e onde debemos incidir mais.
Saúdos!
martes, 26 de marzo de 2019
Xornada de Xoga-loita
Este venres, día
22 de marzo, os grupos de 4º desprazámonos ata o CGTD para xogar á loita con
nenos e nenas doutros centros.
Aproveitando a celebración dun acordo para
promover a igualdade no deporte, distintos alumnos e alumnas participaron nun encontro multideportivo dentro do marco “Xogade”. A nós, tocounos coa Xunqueira
II; xogos de agarre, empuxe, forza e moita diversión. Non importaba quen gañara
e si o xogo limpo en igualdade.
Unha boa xornada
da que aquí https://photos.app.goo.gl/VQQaPQATFyDiS73w8, vos deixamos unhas cantas fotos. Acordádevos! Se algunha non vos
gusta, avisade e rapidamente a quitaremos.
Un saúdo e ata á
proxima!
venres, 15 de marzo de 2019
Xornada de atletismo en pista!
Xa estamos
novamente polo blog, con fotos!
Pouco a pouco,
van saíndo estas actividades que tanto precisamos para aumentar o noso tempo de
actividade física e que nos permiten coñecer outras disciplinas deportivas.
Aquí vos
deixamos unhas poucas imaxes desta
xornada de convivencia con nenos e nenas doutras escolas. Esperamos que vos
gusten, pero hai poucas, “problemas do directo”. Coma sempre, se hai algunha
foto que non vos gusta, avisade e rapidamente a
retiraremos.
Un saúdo e a
seguir así de “activos e saudables”.
luns, 25 de febreiro de 2019
Cómo podemos movernos mais?
Bo día! Somos un "Centro activo"? Promovemos a actividade física coma parte dun estilo de vida saudable para todos e todas?
O alumnado dos grupos de 4º xa están contabilizando o número de pasos que dan en cada xornada e, aínda que non temos a totalidade dos datos, os primeiros resultados indican que as mañás poderían ser menos sedentarias.
Suxerencias! Organizamos doutro modo os recreos? Precisamos novos espacios para os tempos de lecer? Buscamos algún outro tempo ao longo da mañá?
Esperamos contar coa vosa colaboración a través dos comentarios no blog e tamén faremos partícipes ao resto do profesorado desta inquedanza.
Un saúdo!
O alumnado dos grupos de 4º xa están contabilizando o número de pasos que dan en cada xornada e, aínda que non temos a totalidade dos datos, os primeiros resultados indican que as mañás poderían ser menos sedentarias.
Suxerencias! Organizamos doutro modo os recreos? Precisamos novos espacios para os tempos de lecer? Buscamos algún outro tempo ao longo da mañá?
Esperamos contar coa vosa colaboración a través dos comentarios no blog e tamén faremos partícipes ao resto do profesorado desta inquedanza.
Un saúdo!
martes, 5 de febreiro de 2019
Movémonos?
Moi boas! Temos o blog moi, pero que moi parado. Así que primeira iniciativa!
(Seguimos en contacto... Un saúdo!)
(Seguimos en contacto... Un saúdo!)
mércores, 9 de xaneiro de 2019
Feliz 2019!
Xa estamos novamente por aquí, con moitas ideas e proxectos en mente! A ver si entre todos e todas facemos do noso centro unha escola mais activa e saudable.
Vamos cun vídeo! De cando estivemos xogando ao baseball, para o día de New York. Esperamos que vos guste.
Saúdos e seguimos en contacto. Abrigádevos!
Vamos cun vídeo! De cando estivemos xogando ao baseball, para o día de New York. Esperamos que vos guste.
Saúdos e seguimos en contacto. Abrigádevos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



