martes, 26 de marzo de 2019

Xornada de Xoga-loita


Este venres, día 22 de marzo, os grupos de 4º desprazámonos ata o CGTD para xogar á loita con nenos e nenas doutros centros.


Aproveitando a celebración dun acordo para promover a igualdade no deporte, distintos alumnos e alumnas participaron nun encontro multideportivo dentro do marco “Xogade”. A nós, tocounos coa Xunqueira II; xogos de agarre, empuxe, forza e moita diversión. Non importaba quen gañara e si o xogo limpo en igualdade.
Unha boa xornada da que aquí https://photos.app.goo.gl/VQQaPQATFyDiS73w8, vos deixamos unhas cantas fotos. Acordádevos! Se algunha non vos gusta, avisade e rapidamente a quitaremos.

Un saúdo e ata á proxima!

venres, 15 de marzo de 2019

Xornada de atletismo en pista!


Xa estamos novamente polo blog, con fotos!



Pouco a pouco, van saíndo estas actividades que tanto precisamos para aumentar o noso tempo de actividade física e que nos permiten coñecer outras disciplinas deportivas.

Aquí vos deixamos  unhas poucas imaxes desta xornada de convivencia con nenos e nenas doutras escolas. Esperamos que vos gusten, pero hai poucas, “problemas do directo”. Coma sempre, se hai algunha foto que non vos gusta, avisade e rapidamente a retiraremos.

Un saúdo e a seguir así de “activos e saudables”.

luns, 25 de febreiro de 2019

Cómo podemos movernos mais?

Bo día! Somos un "Centro activo"? Promovemos a actividade física coma parte dun estilo de vida saudable para todos e todas?

O alumnado dos grupos de 4º xa están contabilizando o número de pasos que dan en cada xornada e, aínda que non temos a totalidade dos datos, os primeiros resultados indican que as mañás poderían ser menos sedentarias.

Suxerencias! Organizamos doutro modo os recreos? Precisamos novos espacios para os tempos de lecer? Buscamos algún outro tempo ao longo da mañá?

Esperamos contar coa vosa colaboración a través dos comentarios no blog e tamén faremos partícipes ao resto do profesorado desta inquedanza.

Un saúdo!

martes, 5 de febreiro de 2019

Movémonos?

Moi boas! Temos o blog moi, pero que moi parado. Así que primeira iniciativa!


(Seguimos en contacto... Un saúdo!)

mércores, 9 de xaneiro de 2019

Feliz 2019!

Xa estamos novamente por aquí, con moitas ideas e proxectos en mente! A ver si entre todos e todas facemos do noso centro unha escola mais activa e saudable.

Vamos cun vídeo! De cando estivemos xogando ao baseball, para o día de New York. Esperamos que vos guste.
Saúdos e seguimos en contacto. Abrigádevos!



venres, 21 de decembro de 2018

New York Day!

Boas... (e retomando actividade no blog...)

Onte foi a celebración do Día de New York, e dende educación física quixemos participar, coa axuda da nosa lectora Tara, xogando... ao Baseball!!


Aínda nos queda traballo por facer... pero pasámolo ben e iso é o que conta!

En breve, subirei outro vídeo -coa colaboración de 6ºB- onde aparecerán algunha destas xogadas!

O dito, boas festas e que teñades un magnífico Aninovo! Saúdos!

venres, 30 de novembro de 2018

Carreira Campo a través


Moi boas! Xa estamos novamente co blog operativo e que mellor modo que facelo coas fotos da Carreira na Illa das Esculturas.


O mércores a chuvia deunos unha tregua para que os nenos e nenas de toda Pontevedra puideran participar na súa xornada de Cross. Foi o Campionato Zonal das xornadas de deporte escolar que coma ven sendo tradición disputouse na zona da Xunqueira, un dos mellores lugares da nosa cidade para poñerse as zapatillas e botarse a correr.

Gran xornada de participación, convivencia e de mostrar hábitos saudables para o noso tempo de lecer. Aquí abaixo queda o enlace con algunhas fotos da xornada (esta vez hai poucas porque o fotógrafo non estaba para moitas carreiras) e, coma sempre, se considerades que algunhas da imaxes non debería estar subida, avisade, e rapidamente quedará retirada.

Un saúdo e esperamos que vos gusten!