(Jecapix / Getty Images)
Segundo o
calendario escolar hoxe, día 19, tiñan que rematar as clases (…) mais a
realidade deixounos a todos na casa con moitos proxectos na mochila e sen
vernos durante demasiado tempo.
Así que
agora toca aproveitar o verán recuperar o tempo de lecer, e por aquí, pensar
nunha volta ás clases da mellor maneira posible.
Esta pandemia privounos de moitas cousas que
agora toca recuperar pouco a pouco. Así que deixamos dúas ideas clave:
- Hai que volver a xogar cos amigos
e coas amigas. Estamos vendo que algúns alumnos aínda non puideron quedar para verse,
xogar, compartir paseos, andar en bicicleta… Temos que superar os temores, porque
a socialización a través das pantallas, non funciona. Son moitos os pediatras e
psicólogos (tamén educadores…) que están a chamar a atención, xa que unha vez
superada o peor desta crise temos que poñer o foco nas verdadeiras necesidades
dos nenos e nenas. Hai que manter as cautelas, obviamente, pero debemos permitir
que os nosos fillos volvan a xogar cos seus amigos e amigas.
- Estar ao aire libre. Algo obvio,
porque todos e todas aprendemos neste confinamiento que o déficit de natureza tivo
unhas repercusións terribles no benestar dos pequenos. Así que nun claro
exercicio de “pedagoxía verde” debemos asumir coma unha necesidade básica dos
nosos fillos e fillas que poidan xogar libremente e moverse nun entorno
natural.
(ArtMarie / Getty Images)
Aquí, neste verán
van a caer un par de libros que afondan nestas ideas porque esta crise déixanos
unha gran responsabilidade tras a emerxencia do coronavirus. Se queredes
algunha recomendación preguntade e será un pracer comentarvos autores e autoras
de referencia.
Mais nada, unha
aperta grande, que teñades un magnífico verán e seguimos en contacto para o que
precisedes. Vémonos pronto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario