Moi boas! O pasado mércores tivemos unha actividade ben diferente: carreira de orientación por Pontevedra
Grazas á colaboración do alumnado do Ciclo superior TSAAFD do IES Sánchez Cantón puidemos participar nunha xornada de actividade física saudable con preguntas e pistas marcadas nos mapas. Xogo de cooperación, visión e orientación espacial e algo de cultura acerca de cada unha das prazas da nosa cidade.
Esperamos que vos gustara a actividade tanto coma a nós. E, agora, algunha das fotos https://photos.app.goo.gl/JfNZEiUgLoTxtM1m1
Ah! Os tempos! O equipo de "Os Padre Sarmiento" tardou 49' 10" pero como acertaron todas as preguntas tiveron unha bonificación de dous minutos, superando ao equipo de "Alameda aullante" que completara a carreira en soamente 47'35".
Parabéns a todos e todas!
Saúdos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario