venres, 25 de maio de 2018

Atentos e atentas que veñen os de Sexto!


Hoxe, venres, os grupos de sexto fixeron un magnífico traballo dentro do tema de acrosport. 
Houbo exercicios de gran dificultade pola técnica que tiñan, outros con moi boas coreografías, algún divertidísimo e un que foi todo un espectáculo.

Collede asento e comprobade do que son capaces este grupo de artistas.







(Esperamos que vos guste tanto coma a nós. Saúdos!)

xoves, 24 de maio de 2018

Mais Acrosport!


Nova entrada no blog!
Desta vez co Acrosport en 5ºA . Aínda que un dos grupos non nos demostrou do que son capaces, (actualizado o luns 29, xa están todas as coreografías!) temos xa dúas coreografías, moi traballadas e que esperamos que vos gusten tanto como a nós.




Saúdos e fixádevos no bo traballo que están facendo. Seguimos en contacto, deica!

Carreira de orientación

Moi boas! O pasado mércores tivemos unha actividade ben diferente: carreira de orientación por Pontevedra


Grazas á colaboración do alumnado do Ciclo superior TSAAFD do IES Sánchez Cantón puidemos participar nunha xornada de actividade física saudable con preguntas e pistas marcadas nos mapas. Xogo de cooperación, visión e orientación espacial e algo de cultura acerca de cada unha das prazas da nosa cidade.
Esperamos que vos gustara a actividade tanto coma a nós. E, agora, algunha das fotos https://photos.app.goo.gl/JfNZEiUgLoTxtM1m1

Ah! Os tempos! O equipo de "Os Padre Sarmiento" tardou 49' 10" pero como acertaron todas as preguntas tiveron unha bonificación de dous minutos, superando ao equipo de "Alameda aullante" que completara a carreira en soamente 47'35".
 Parabéns a todos e todas!


Saúdos...

martes, 22 de maio de 2018

Acrosport

Boas! Coa chegada do bo tempo estamos aproveitando para facer o maior número de actividades ao aire libre (Visita a San Simón, Carreira de orientación...) pero non nos esquecemos do programa de educación física; e nestes días estamos a rematar o noso tema de acrosport.

É unha unidade que está funcionando moi ben xa que fomenta a cooperación e creatividade entre o alumando e, ademais, esixe unha boa condición física para desenvolver as acrobacias e figuras.
Así que aquí vos deixamos uns pequenos vídeos coas coregrafías do grupo de 5ºB. Esperamos que vos gusten!.
Saúdos...


xoves, 10 de maio de 2018

2ª Xornada do FútSal


https://photos.app.goo.gl/jokxqyKkF1MQpRlA2

No día de onte, puidemos participar nun novo encontro deportivo dentro do marco Xogade.
Xunto aos alumnos e alumnas do CEIP Campolongo estivemos toda a mañá xogando e facendo actividade física dentro dun marco educativo e saudable.
No enlace de arriba tedes as fotos da xornada. Esperamos que vos gusten.
Saúdos!

xoves, 3 de maio de 2018

Primeiros auxilios co 061

A pasada semana contamos cunha visita moi especial: Antonio, pai dun alumno de 2º e técnico do 061 acuidiu ao centro para explicarnos normas de actuación ante situacións de emerxencia.


Ademais, trouxo unha ambulancia co fin de que todos puidéramos ver todo o material que se precisa para dar unha rápida resposta a calquera situación de primeiros auxilios. Moitas grazas pola xornada!

Aquí vos deixamos as fotos: https://photos.app.goo.gl/8gHMQix8QIO5yeLp2

Esperamos que vos gusten! Saúdos!