xoves, 26 de xaneiro de 2017

II Xornada de Promoción do bádminton

Boas! Pois hoxe foi a quenda do alumnado de 3º, 4º e 5º.
Xornada completa para Jesús e Iván, entrenador e deportista deste magnífico clube que estiveron acompañándonos e facendo un gran traballo na promoción deste deporte. Dende aquí, darvos as grazas unha vez mais.


Deixámosvos coa galería de fotos, que xa está actualizada coas de hoxe. Esperamos que vos gusten tanto coma a nós.

Fotos co Clube Bádminton Pontevedra
Un saúdo!

martes, 24 de xaneiro de 2017

Clube Bádminton Pontevedra

Hoxe, primeira xornada de promoción do bádminton con clube Bádminton Pontevedra.


Magnífica oportunidade para ver e comprende un deporte co que estamos a traballar e que tantas cualidades presenta.

Aquí vos quedan unhas fotos do día, e uns enlaces do clube; para que sigades os seus traballos de promoción.
Fotos co clube Bádminton Pontevedra
Esperamos que vos gusten!
https://www.facebook.com/badmintonpontevedra/about/
https://www.instagram.com/badmintonpontevedra/?hl=es

domingo, 22 de xaneiro de 2017

Better Badminton

Moi boas!
Aquí estamos de novo, con novos materais. Neste caso vos traemos un canal de youtube moi recomendable: Betterbadminton.com


Maxia non fai, pero a verdade é que os seus vídeos son de gran utilidade para mellorar aspectos técnicos. Ah! Están en inglés, pero se lle entende bastante ben, así que animádevos a seguir algún dos seus episodios.
Un saúdo!

xoves, 12 de xaneiro de 2017

Mais bádminton!

Entrando xa en materia aquí vos queda unha moi boa explicación dos fundamentos deste deporte, cos distintos tipos de golpeos.
E para os curiosos: buscade os outros dous. 
Saúdos!



martes, 10 de xaneiro de 2017

Bádminton!

Feliz Aninovo! Seguro que este 2017 ven cheo de moi bos momentos! 
Polo de agora, o que vai traer é un novo tema: o Bádminton! Deporte que nos vai esixir habilidades fundamentales coma a agudeza visual, axilidade, orientación, percepción do espazo, resistencia.... sigo?? 

Pero, o mellor de todo, é que vai ser un actividade dinámica e moi divertida. Así que imos a por ela!
Supoño que xa todos coñeceredes a Carolina Marín (senón, tedes unha cousa que se chama Google), se queredes coñecer algo mais de esta magnífica deportista aquí vos deixo o seu twitter. https://twitter.com/caro_marin2

Seguide atentos ao blog! Haberá novidades...
Un saúdo!

martes, 20 de decembro de 2016

Consellos para manexar tanta pantalla...

O dito; aquí vos queda unha boa suxerencia para facer un uso saudable das novas tecnoloxías. Coma nas boas películas, o mellor para o final! E que teñades unhas Felices Festas!

domingo, 18 de decembro de 2016

FutSal, con terceiro!




Pois xa estamos novamente polo Blog! Esta vez co grupo de terceiro. Os primeiros en probar a nova actividade que estamos a desenvolver dentro do programa Xogade.
Estamos a falar do “FutSal”. Fútbol sala para que todos os nenos e nenas da nosa escola  poidan correr e xogar nun campo grande e sen os perigos e limitacións que temos dentro do noso centro.
A valoración foi moi positiva: houbo un gran ambiente, a xornada foi unha proposta coeducativa e todos pasamos unha mañá de deporte saudable. Próximo mes, nova xornada!
Entre partido e partido, fixemos algunha foto que aquí vos deixamos. Esperamos que vos gusten e, o aviso de sempre; se hai algunha imaxe que, polo motivo que sexa, considerades que non debería de estar, avisade e rapidamente se retirará.

Fotos da xornada de fútbol sala 

Un saúdo e a seguir facendo do noso tempo libro unha oportunidade de medrar sans e pasalo moi ben!