(Se vedes algún erro, avisade!)
Este blog parte da premisa de que a necesidade de movemento é un dereito fundamental do noso alumnado. Coma centro comprometido coas novas competencias que demanda a sociedade, faremos da promoción dos estilos de vida saudables o noso principal obxectivo.
mércores, 12 de xuño de 2019
Chega 5ºA!!
Quentiños, quentiños... aquí están os vídeos de Acrosport do grupo de 5ºA:
(Se vedes algún erro, avisade!)
(Se vedes algún erro, avisade!)
martes, 11 de xuño de 2019
E seguimos co Acrosport, en 4º
E agora tócalles ao alumnado de 4ºB (Edito a entrada, o terceiro vídeo ten mal os títulos de crédito, que estamos en 4ºB, sorry!)
Moito rítmo, coreografías imaxinativas e habilidades ximnásticas de gran dificultade. Que mais se lle pode pedir a estos rapaces e rapazas?
Moito rítmo, coreografías imaxinativas e habilidades ximnásticas de gran dificultade. Que mais se lle pode pedir a estos rapaces e rapazas?
Empeza o Acrosport!
Remata o curso! E
dende educación física queremos mostrarvos a creatividade que ten o noso
alumnado cando traballamos co Acrosport.
Como xa vos
contamos, é un disciplina cooperativa onde hai unha parte artística e outra de
figuras e pirámides; usando as habilidades ximnásticas como elemento de enlace
entre unha figura e outra.
A música non
pode faltar e o resultado aquí o tedes: os primeiros vídeos de 4ºA; creatividade,
baile e ximnasia que esperamos vos guste tanto coma a nós!
martes, 28 de maio de 2019
Xornada de deporte adaptado
Moi boas! Este
venres tivemos a oportunidade de coñecer e practicar distintas modalidades de
deporte adaptado.
Como ben sabedes o
deporte non coñece barreiras, porque a presenza dunha discapacidade non é
límite para un proxecto de vida activo e saudable. Así que, grazas a
invitación da Asociación Amizade, puidemos probar o potencial que teñen estas
disciplinas deportivas, como ferramenta inclusiva e como novas opcións para o
noso tempo de lecer.
Un saúdo e aquí
vos quedan algunhas fotos desta xornada!
Ah! E as fotos do xornal Pontevedraviva.com:
https://pontevedraviva.com/deportes/54953/montero-rios-vistese-cuarto-ano-pista-deportiva-adaptada/
domingo, 19 de maio de 2019
Xornada de Xogos tradicionais
Moi boas! A que
resulta moi difícil atopar rapaces e rapazas que estean a practicar Xogos
tradicionais galegos?
Nunha cidade,
contexto urbano; non hai moitos espazos abertos, con terra e paus para xogar,
certo é! Ademais, perdeuse unha xeración de pais/nais que os practicaron… E
resulta unha mágoa, porque a través deles podemos acadar valores moi desexables
coma a cooperación, o xogo limpo, a aceptación das regras establecidas…
Pois con esta
necesidade, de recuperar unha parte da nosa cultura, o mércores desprazámonos
ata Silleda onde nenos e nenas de distintos centros puideron practicar e
aprender xogos coma a Billarda, a Chave ou os Bolos Celtas. E nos tempos de
descanso? Pois baile, loita e un fútbol sala!
Unha gran xornada
e un bo recordo, do que aquí vos quedan algunhas fotos:
(Acordádevos, se
hai algunha foto que non queredes que estea pública, avisade e rapidamente a
quitaremos) Un saúdo e ata á proxima!
venres, 12 de abril de 2019
Carreira solidaria
Xa estamos aquí con novas fotos! https://photos.app.goo.gl/6QwpzeJLEFaPo5P16
Onte participamos na carreira solidaria que organizou o colexio Sagrado Corazón de Placeres, con motivo do seu centenario, colaborando co Banco de alimentos de Pontevedra.
Sol, Illa das esculturas e unha xornada activa e saudable.
Esperamos que vos gusten as fotos, e se hai que quitar algunha -polo motivo que sexa- avisade e rápidamente se quitará da galería. Saúdos e que teñades unha magnífica Pascua
Onte participamos na carreira solidaria que organizou o colexio Sagrado Corazón de Placeres, con motivo do seu centenario, colaborando co Banco de alimentos de Pontevedra.
Sol, Illa das esculturas e unha xornada activa e saudable.
Esperamos que vos gusten as fotos, e se hai que quitar algunha -polo motivo que sexa- avisade e rápidamente se quitará da galería. Saúdos e que teñades unha magnífica Pascua
luns, 1 de abril de 2019
D.A.F.I.S.
Moi boas! Como xa vos explicamos noutras ocasións, o noso Proxecto
deportivo de centro ten como finalidade a promoción de estilos de vida activos
e saudables dende un ámbito educativo.
Neste contexto, un dos nosos obxectivos tiña que ser, a valoración da
condición física. Necesitábamos saber como
estamos para así programar actividades
específicas naqueles aspectos a mellorar.
Aquí vos queda o enlace coa descrición das distintas probas:
E mais nada, esperamos que vos gusten as probas e que os resultados nos sirvan para ver cales son as nosas fortalezas e onde debemos incidir mais.
Saúdos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

