O mércores tocou... Tenis!
Esta semana tivemos a oportunidade de participar nunhas xornadas de promoción do tenis, nas instalacións do Club de Tenis Pontevedra.
Pista cuberta de terra batida... moito espazo para xogar... e profesorado da Federación Galega. O marco ideal para probar un deporte onde sempre hai diversión asegurada.
Fotos no enlace!
https://photos.app.goo.gl/ODsa2sB6UCewXOun1
E se hai algunha que considerades que non debería de estar subida, avisade e se retirará ao momento. Esperamos que vos gusten!
Este blog parte da premisa de que a necesidade de movemento é un dereito fundamental do noso alumnado. Coma centro comprometido coas novas competencias que demanda a sociedade, faremos da promoción dos estilos de vida saudables o noso principal obxectivo.
venres, 9 de marzo de 2018
luns, 5 de marzo de 2018
1ª Xornada de Fútsal
Moi boas! Por fin puidemos levar a cabo a nosa actividade de fútbol sala para o alumnado de 3º e 4º: O fútsal!
Coas instalacións do Pavillón do Príncipe Felipe como lugar perfecto para correr e xogar, o pasado mércores comezamos unha serie de encontros deportivos cos nenos e nenas doutros centros.
Unha magnífica oportunidade para promover actividade física saúdable dentro do contexto educativo.
Aquí vos quedan unhas fotos. Esperamos que vos gusten!
https://photos.app.goo.gl/WKAL8VPrf0zgdDOg1

xoves, 1 de marzo de 2018
As fotos do bádminton!
Aquí estamos novamente, con mais fotos do deporte escolar! Esta vez do encontro entre centros escolares que se disputou o pasado 10 de febreiro na Estrada.
A idea era probar en que consisten as competicións de bádminton, dentro do programa da propia Federación. Pero non podemos esquecer que a nosa finalidade era a de compartir momentos de ocio saudable cos compañeiros e compañeiras da escola; obxectivo cumprido!
Moitas grazas á colaboración do CB Pontevedra e ás familias, que organizaron o desprazamento e que fixeron posible esta xornada.
Esperamos que vos gusten as fotos. Saúdos!!
https://photos.app.goo.gl/NrROuWpKjeuXUM043

luns, 26 de febreiro de 2018
Xoga-loita!
Boas, xa estamos de novo co blog.
Desta vez co alumnado de 4º, que puideron participar nunha actividade ben
diferente: o "Xoga-loita"
Así,
o pasado xoves, tivemos a oportunidade de visitar as instalacións do Centro
galego de tecnificación deportiva e probar o tapiz que usan habitualmente os
deportistas da Selección galega de loita.
Foron
xogos de oposición con agarre, como "quitarlle a cola ao cabalo",
"darlle a volta á tortilla" ou o "soga-tira" de sempre.
Ademais, foi unha oportunidade para xogar con nenos e nenas doutros centros
dentro dunha xornada de actividade deportiva e saudable.
No
enlace vos queda algunha foto do encontro; esperamos que vos gusten e, coma
sempre, se considerades que algunha das imaxes non debería de estar publicada
avisade que rapidamente se retirará.
Deica!
venres, 9 de febreiro de 2018
Xornada de competición interescolar!
Moi boas!
Mañá, en plena festa do Entroido, un grupo de alumnos e alumnas de 5º de primaria vanse desprazar ata A Estrada, para competir competir en bádminton escolar, dentro da modalidade da Federación Española "Bádminton Plus".
A idea é probar como se xoga nun contexto de competición, cun pavillón axeitado e con nenos e nenas doutros centros.
Confiamos en que teñades unha magnífica xornada e que o pasedes moi ben. Á volta do Entroido, queremos ver esas fotos!
Un saúdo e moita sorte!

martes, 23 de xaneiro de 2018
Xa temos o primeiro titorial de bádminton
Boas!
Como xa vos comentamos, unha das ideas do noso Proxecto deportivo de centro e desenvolver competencias clave, así como unha mellora na competencia motriz do alumnado.
Pois que mellor que facer un pequeno vídeo explicativo co que aprender distinas técnicas para xogar ao bádminton.
Ten moito mérito, xa que todo o traballo foi realizado polos propios alumnos. Esperamos que vos guste!
Un saúdo!
martes, 16 de xaneiro de 2018
Bádminton!
Moi boas e Feliz Aninovo!
Estes días estamos a traballar co tema do bádminton. Un deporte que está funcionando pero que moi ben entre as actividades extraescolares do centro.
Temos dous vídeos moi interesantes para mellorar o noso saque, aquí vos quedan e esperamos que vos gusten. Saúdos!!
Estes días estamos a traballar co tema do bádminton. Un deporte que está funcionando pero que moi ben entre as actividades extraescolares do centro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)