Amosando publicacións coa etiqueta Centro galeg de tecnificación deportiva. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Centro galeg de tecnificación deportiva. Amosar todas as publicacións

luns, 26 de febreiro de 2018

Xoga-loita!

Boas, xa estamos de novo co blog. Desta vez co alumnado de 4º, que puideron participar nunha actividade ben diferente: o "Xoga-loita"



Así, o pasado xoves, tivemos a oportunidade de visitar as instalacións do Centro galego de tecnificación deportiva e probar o tapiz que usan habitualmente os deportistas da Selección galega de loita.

Foron xogos de oposición con agarre, como "quitarlle a cola ao cabalo", "darlle a volta á tortilla" ou o "soga-tira" de sempre. Ademais, foi unha oportunidade para xogar con nenos e nenas doutros centros dentro dunha xornada de actividade deportiva e saudable.

No enlace vos queda algunha foto do encontro; esperamos que vos gusten e, coma sempre, se considerades que algunha das imaxes non debería de estar publicada avisade que rapidamente se retirará. 


Deica!