https://goo.gl/photos/T6PPaZgK8E4TSZFq9
Recuperados?
Onte foi un día de moita actividade física para o noso alumnado de 4º!
Día de xogo ao FútSal; unha adaptación do fútbol sala para o alumnado de primaria. Así que xornada de participación cos rapaces e rapaces do Sequelo de Marín e A Xunqueira 1. Moita diversión, espazos para correr sen parar detrás do balón e tempo de ocio activo. Misión cumplida, non?
Esperamos que vos gusten as fotos que vos deixamos no enlace de enriba. Coma sempre, se hai algunha foto que non vos apetece que esté subida, avisade; e rapidamente se quitará do blog.
Un saúdo e boa fin de semana!
Este blog parte da premisa de que a necesidade de movemento é un dereito fundamental do noso alumnado. Coma centro comprometido coas novas competencias que demanda a sociedade, faremos da promoción dos estilos de vida saudables o noso principal obxectivo.
sábado, 27 de maio de 2017
xoves, 25 de maio de 2017
Acrosport con 4ºA
Aquí seguimos,
mostrando algún dos exercicios que están facendo os nosos “ximnastas” do
Froebel. Agora vos deixamos cun grupo dos de 4º. Esperamos que vos guste!
Saúdos!
sábado, 20 de maio de 2017
Entrenamos coa Fundación Celta
Xornada de fútbol! E dentro da escola!!
Un pouco en broma, a verdade é que foi toda unha oportunidade de practicar un pouco de fútbol no noso mini-patio. Algo de xogo, toque de balón, e un día diferente, non? A quen lle gustou o xogo de Johnny-Johnny?
Aquí vos quedan as fotos: Pinchar aquí para ver as fotos.
Saúdos e que teñades un magnífico fin de semana!

mércores, 17 de maio de 2017
Novas fotos da xornada de orientación!
https://goo.gl/photos/Mpg4P1TEE4JicvwCA
Álbum actualizado coas aportacións do alumnado do TAFAD. Esperamos que vos gusten.
Saúdos!
Álbum actualizado coas aportacións do alumnado do TAFAD. Esperamos que vos gusten.
Saúdos!
martes, 16 de maio de 2017
Acrobacias e música!
Nestes días
estamos a traballar cun tema dedicado ao Acrosport: un deporte que combina
coreografías e figuras ximnásticas.
Levamos uns días
traballando e a verdade é que están saíndo exercicios moi interesantes; con elementos
da danza, piruetas, pirámides, equilibrios... e moito traballo en equipo!
Coma exemplo, aquí está un grupo de 6ºB con un exercicio que esperamos que vos
guste tanto coma a nós! Estade atentos!
Saúdos!
mércores, 10 de maio de 2017
Iniciación ás carreiras de orientación
Este luns, o curso de 5º tivo a oportunidade de participar nunha proba diferente; estamos a falar das carreiras de orientación.
É un deporte, relativamente novedoso, que permite adaptarse a todas as idades e todos os niveles de condición física; xa que se pode facer correndo, trotando ou tamén camiñando. O verdadeiramente importante é como interpretamos un mapa e cal é a nosa perpepción espacial e sentido da orientación. Polo que é unha actividade que esixe non só cualidades físicas senón unha boa coordinación cos membros do equipo e, sobre todo, gañas de pasalo ben.
Temos que darlles as grazas ao profesorado e alumnos do Ciclo formativo en Animación de Actividades Físicas y Deportivas, do IES Sánchez Cantón; xa que sen a súa organización non poderíamos participar neste tipo de probas.
En breves días teremos mais fotos, pero por agora, deixámosvos unha poucas imaxes desta xornada. Saúdos!

venres, 5 de maio de 2017
Atletismo en pista!
Despois de un tempo co blog parado xa estamos novamente por aquí e con
moitas novidades: comezamos co Atletismo en pista!
No día de onte, tivemos a oportunidade de participar nun encontro entre
distintos centros co fin de probar modalidades de atletismo coma o salto de
lonxitude, o lanzamento de peso, as probas de relevos ou a tan esixente proba
dos 500 metros.
Unha magnífica xornada da que nos queda un bo recordo e unhas cantas fotos.
Darlle as grazas á lesionada Cristina que estivo moi atenta coa cámara e, coma
sempre, se hai algunha foto que considerades que non debe estar, avisade e
rapidamente se quitará.
Saúdos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)