Case sen darnos
conta, estamos a rematar o presente curso 2018-2019 (…) E, por aquí, pasounos
rapidísimo; de feito quedaron temas por dar, actividades por realizar e planes
que nos gustaría ter desenvolvido. Coma sempre, os días de verán será un bo
momento para axustar o noso Proxecto deportivo de centro ao novo curso.
Algunhas ideas
que imos a anotar: Recreos mais activos! Usando a aula de música para propoñer
bailes, aerobic ou zumba, se fai falta! Mais actividades intercentros, con
deportes adaptados en idade escolar. Contacto coa natureza! Mais verde no tempo
escolar (por moito que buscamos, soamente vemos o verde nas cadeiras e nas
mesas…) E unha maior colaboración coas familias, necesitamos facer deste
proxecto unha forma de traballar compartida; soamente así poderemos consolidar
uns estilos de vida “activos e saudables”.
Que teñades unhas
magníficas vacacións! Porque o merecedes, e porque tedes o dereito e a obriga destas
semanas de tempo de lecer. Poucas pantallas, moito xogo e aire libre.
Vémonos á volta do verán, unha aperta a todos
e todas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario