martes, 18 de xuño de 2019

E chegamos ao final…


Case sen darnos conta, estamos a rematar o presente curso 2018-2019 (…) E, por aquí, pasounos rapidísimo; de feito quedaron temas por dar, actividades por realizar e planes que nos gustaría ter desenvolvido. Coma sempre, os días de verán será un bo momento para axustar o noso Proxecto deportivo de centro ao novo curso.

Algunhas ideas que imos a anotar: Recreos mais activos! Usando a aula de música para propoñer bailes, aerobic ou zumba, se fai falta! Mais actividades intercentros, con deportes adaptados en idade escolar. Contacto coa natureza! Mais verde no tempo escolar (por moito que buscamos, soamente vemos o verde nas cadeiras e nas mesas…) E unha maior colaboración coas familias, necesitamos facer deste proxecto unha forma de traballar compartida; soamente así poderemos consolidar uns estilos de vida “activos e saudables”.




Que teñades unhas magníficas vacacións! Porque o merecedes, e porque tedes o dereito e a obriga destas semanas de tempo de lecer. Poucas pantallas, moito xogo e aire libre.  
Vémonos á volta do verán, unha aperta a todos e todas.

venres, 14 de xuño de 2019

Baloncesto 3x3

Pois xa imos rematando o curso... e unha das últimas actividades dende a nosa área foi a participación na xornada de baloncesto na rúa, en modalidade 3x3

Unha mañá de deporte saudable, convivencia e promoción de actividade física inclusiva.
Aquí vos quedan unhas cantas fotos dos partidos. Esperamos que vos gusten. Saúdos!

https://photos.app.goo.gl/7iK7Eknh1FT5Qr877

E agora, 5ºB!

Pois xa temos os últimos vídeos coas coreografías de 5ºB. Esperamos que vos gusten e se hai algún erro na edición, avisádenos!
(Actualizado! Que faltaba un vídeo por subir e xa estamos ao completo)




mércores, 12 de xuño de 2019

Chega 5ºA!!

Quentiños, quentiños... aquí están os vídeos de Acrosport do grupo de 5ºA:



(Se vedes algún erro, avisade!)

martes, 11 de xuño de 2019

E seguimos co Acrosport, en 4º

E agora tócalles ao alumnado de 4ºB (Edito a entrada, o terceiro vídeo ten mal os títulos de crédito, que estamos en 4ºB, sorry!)





Moito rítmo, coreografías imaxinativas e habilidades ximnásticas de gran dificultade. Que mais se lle pode pedir a estos rapaces e rapazas?

Empeza o Acrosport!


Remata o curso! E dende educación física queremos mostrarvos a creatividade que ten o noso alumnado cando traballamos co Acrosport.



Como xa vos contamos, é un disciplina cooperativa onde hai unha parte artística e outra de figuras e pirámides; usando as habilidades ximnásticas como elemento de enlace entre unha figura e outra.  


A música non pode faltar e o resultado aquí o tedes: os primeiros vídeos de 4ºA; creatividade, baile e ximnasia que esperamos vos guste tanto coma a nós!