Hoxe, visita especial: Con nós estiveron David Añón e Javier Bonilla, dous xogadores do primeiro equipo do Pontevedra CF.
Invitáronnos ao partido deste domingo fronte ao Tudelano, en loita directa polos postos de disputa do "play off" e durante un bo rato houbo unha interesante conversa con moitas preguntas por parte dos alumnos de 3º, 4º e 5º.
Aquí vos deixamos as fotos, e moita sorte para o partido!
https://goo.gl/photos/qUpPHNvpmQqSPPL86
Este blog parte da premisa de que a necesidade de movemento é un dereito fundamental do noso alumnado. Coma centro comprometido coas novas competencias que demanda a sociedade, faremos da promoción dos estilos de vida saudables o noso principal obxectivo.
venres, 24 de marzo de 2017
xoves, 23 de marzo de 2017
Basket no Froebel co CB Estudiantes Pontevedra
Moi boas! Semana
de baloncesto no Froebel coa colaboración do CB Estudiantes Pontevedra. Durante
dúas xornadas, Ricardo e Eduardo estiveron mostrando nos cursos de 3º e 4º as
posibilidades de diversión que ofrece este deporte: xogos para todos e todas co
único requisito de ter balóns e unha canastra onde encestar.
Aquí vos deixamos
a súa páxina web onde contades con toda a información sobre actividades e equipos: http://www.estudiantespontevedra.com/ E o seu Instagram
que tamén hai moitos seguidores desta rede social: https://www.instagram.com/bepontevedra/
Por último, o enlace ás fotos sacadas na xornada de hoxe. Esperamos que vos gusten!
Fotos de iniciación ao baloncesto co CB Estudiantes Pontevedra
O dito,
agradecerlles o bo traballo a Ricardo e Eduardo e moita sorte cos seus equipos de base. Saúdos!!
luns, 6 de marzo de 2017
Precisamos colaboradores!
Pois claro que si! Temos ganas de que nos contedes novas formas de pasar o tempo libre.
Achégase a primavera e seguro que as fines de semana en familia son una magnífica oportunidade para estar en contacto coa natureza.
Así que dende aquí, vos ofrecemos este pequeno blog para que compartades propostas de ocio activo, con ideas para facer una pequena excursión, una ruta por descubrir ou simplemente un novo paseo coas bicicletas.
Veña, animádevos e esperamos as vosas colaboracións. Saúdos!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)