Agora que estamos a traballar coa época de Grecia clásica, deberíamos
recordar que Hipócrates, xa nos dicía que o alimento debía ser a nosa propia
medicina (...)
Xa pasaron moitos anos, pero seguimos a ter un serio problema cos hábitos
alimentarios. Nunca tivemos tanta información sobre a necesidade de levar unha
dieta saudable e, lamentablemente, cada vez hai mais nenos e adultos con
problemas de saude relacionados co que comemos. Da que pensar, non?
Pois dende Educación Física hai un tema moi importante que trata sobre a “Actividade
física e a saúde”. Obviamente, coa vosa idade, aínda non tomades moitas
decisións sobre o que comedes, pero está claro que estamos nun momento clave
para consolidar o que debe ser unha boa alimentación.
Por tanto, entrando en materia:
Almorzos! Son realmente tan saudables como pensades? Seguro??
Imos a abrir un pouco a nosa perspectiva, (que non
somos o embigo do mundo...) e aquí vos deixamos un pouco de interculturalidade
E aquí, xa vos toca
traballar: Veña, a buscar información en grupo sobre alimentación saudable
(acordádevos, hai que ler e ter conciencia crítica do que leedes...) co fin de
elaborar os “Cinco consellos para levar unha alimentación
saudable”
Veña, esperamos as vosas propostas en comentarios! Saúdos!