Pois aquí empeza
este pequeno blog cunha clara idea, encher de propostas activas os tempos de
lecer do noso alumnado.
Todos somos
conscientes de que un dos principais problemas que teremos que resolver é o
sedentarismo da nosa sociedade; un dato pouco esperanzador (Health Behavior in School-aged Children
(HBSC) study: international report from
the 2009/2010 survey) aos 15 anos soamente o 25% dos rapaces
e o 8% das rapazas do noso país realizan a actividade física que recomenda a
Organización Mundial para a Saúde. Informes deste tipo deixan claro que debemos
realizar intervencións específicas co fin de inverter estas cifras.
Neste contexto é
onde cobra sentido o noso blog, coma unha ferramenta esencial para difundir
outros modelos de ocio activo; facendo da escola o lugar idóneo para intervir
na promoción da actividade física. Obviamente, este traballo debe ser unha tarefa
común no que precisaremos a colaboración de todos os membros da comunidade
educativa; deste modo, as vosas propostas, noticias e informacións serán os
elementos necesarios para facer desta bitácora un novo espazo de encontro e
reflexión.
Para rematar,
comentarvos que dentro deste Proxecto deportivo de centro, que agora comeza, non
perdemos a referencia de desenvolver competencias clave para o noso alumnado
coma son a Competencia dixital, a Competencia en comunicación lingüística e a
Competencia Social e cívica. Esperamos que vos guste tanto coma a nós este novo
traballo e confiamos contar en breve coas vosas colaboracións.
Un saúdo,
O equipo docente
do CEIP Plurilingüe Froebel
Me gusta este blo! :D
ResponderEliminarEste blog tiene buena pinta.;)
ResponderEliminarcomo mola
ResponderEliminarSi mola mucho (de parte de Rosalía )
ResponderEliminarxa é un ano con este blog noraboa
ResponderEliminar