martes, 27 de abril de 2021

Día da EF na rúa!

 Canto tempo dende a última entrada (...) 

E que está sendo un curso moi "intenso" e con poucas actividades. A Covid condiciona todo o que se fai, ademáis, temos as aulas virtuais operativas, polo que este espacio de bitácora perdeu moitas das súas funcións

Pero aquí estamos! Pfara celebrar no día de mañá...


As motivacións son claras: Saír do centro, facer exercicio na zona da Alameda e reivindicar a nosa área coma un tempo de educación integral do alumnado onde a cooperación e a inclusión están sempre presentes! 

(Poñeremos fotos...)

Un saúdo!

domingo, 15 de novembro de 2020

En forma con 6º!

Aquí estamos de novo! Este ano mais centrados nas aulas virtuais e nos contidos de E-dixgal pero non nos esquecemos do blog. 

E queremos presentarvos unhaS "tabatas" que fixeron na aula de 6ºB. Son catro minutos de actividade, nos que podedes facer algo de exercicio, moverse ao ritmo da música e pasar un bo rato.

Esperamos que vos gusten! Un saúdo a todos e todas.




luns, 19 de outubro de 2020

Ruta da pedra e da auga

Este pasado xoves, día 15, puidemos retomar unha das nosas actividades preferidas: as rutas en contacto coa natureza. E que mellor opción que ir ao Salnés para coñecer e percorrer a Ruta da pedra e da auga.


O grupo de 4ºA -que tivo un comezo de curso moi complicado- completou a senda en sentido ascendente, dende Ribadumia ata o Mosteiro de Armenteira; facendo desta xornada un gran día de convivencia e de aula ao aire libre.

En breve subiremos algunha das fotos realizadas, e que serivarán para facer o mural da súa aula.

Un saúdo e seguiremos en contacto! 

xoves, 1 de outubro de 2020

Xa queda menos!

 Veña que para a semana estamos todos e todas de volta na clase!

20 minutos de exercicio puro e duro. Estades listos? 




Moito ánimo! 


domingo, 27 de setembro de 2020

Aumentamos a intensidade!

Esta semana toca traballar dende casa (...) E non vale quedarse sen moverse; o día 6 vémonos e tedes que estar en forma, porque vos penso preparar unha volta ás clases moi especial. Ok?


A música a poñedes ao voso gusto. E os exercicios están para adaptalos, cada un/unha ao seu nivel. O importante é non parar!

Apertas grandes e moito ánimo! 

xoves, 24 de setembro de 2020

O venres... TABATA!

 (Se temos que quedar na casa, pois quedamos, pero ao saír, imos a estar mais fortes que nunca!)


Moito ánimo para a nosa clase de 4ºA, que non poderá vir ás clases durante uns días. Unha aperta!

Comezando un novo curso...

 


Cantas ganas tíñamos de vernos, de volver ás clases; de compartir tempos e espazos nesta parte vital das nosas vidas, o paso pola escola.

E sabíamos que ía ser un curso raro, marcado polas medidas preventivas da Covid-19, onde todo tiña que ser desinfectado, ventilado, individualizado (…) Mais algo que sempre podemos aprender dos nenos e das nenas e a tremenda capacidade de adaptación que teñen. A súa flexibilidade de pensamento é a nosa “resilencia” pero dun xeito innato; porque saben que xogar coa máscara posta é moi duro, pero é peor manter esa distancia social cos amigos e amigas. E cando lles preguntas que tal o pasaron, sempre dan un “ben!” por resposta.

Por iso dáme moita pena ter que comezar esta entrada no blog, sabendo que o grupo de 4ºA vai ter que quedar na casa durante uns días. Dende aquí a miña mensaxe de ánimo, unha aperta e o aviso de que os contidos de EF estarán dispoñibles tanto na Aula virtual, coma neste espazo.

Remato xa! Co firme propósito de facer deste curso unha defensa do ensino público de calidade para todos e para todas! Seguimos en contacto, ok?