Este blog parte da premisa de que a necesidade de movemento é un dereito fundamental do noso alumnado. Coma centro comprometido coas novas competencias que demanda a sociedade, faremos da promoción dos estilos de vida saudables o noso principal obxectivo.
domingo, 27 de setembro de 2020
Aumentamos a intensidade!
xoves, 24 de setembro de 2020
O venres... TABATA!
(Se temos que quedar na casa, pois quedamos, pero ao saír, imos a estar mais fortes que nunca!)
Moito ánimo para a nosa clase de 4ºA, que non poderá vir ás clases durante uns días. Unha aperta!
Comezando un novo curso...
Cantas ganas tíñamos de vernos, de volver ás clases; de compartir
tempos e espazos nesta parte vital das nosas vidas, o paso pola escola.
E sabíamos que ía ser un curso raro,
marcado polas medidas preventivas da Covid-19, onde todo tiña que ser desinfectado,
ventilado, individualizado (…) Mais algo que sempre podemos aprender dos nenos
e das nenas e a tremenda capacidade de adaptación que teñen. A súa flexibilidade
de pensamento é a nosa “resilencia” pero dun xeito innato; porque saben que xogar
coa máscara posta é moi duro, pero é peor manter esa distancia social cos
amigos e amigas. E cando lles preguntas que tal o pasaron, sempre dan un “ben!”
por resposta.
Por iso dáme moita pena ter que
comezar esta entrada no blog, sabendo que o grupo de 4ºA vai ter que quedar na
casa durante uns días. Dende aquí a miña mensaxe de ánimo, unha aperta e o
aviso de que os contidos de EF estarán dispoñibles tanto na Aula virtual, coma
neste espazo.
Remato xa! Co firme propósito de facer
deste curso unha defensa do ensino público de calidade para todos e para todas! Seguimos en contacto, ok?